Aprender por instagram no Museo de Historia Natural

Conxugar ciencia, aprendizaxe e tecnoloxía en galego. Iso é o que fixeron catro alumnos do IE Cañada Blanch de Londres este martes 28, participando nunha innovadora experiencia educativa promovida polo IES do Castro de Vigo que consiste en transmitir en directo experiencias reais relacionadas coas ciencias a través das redes sociais. Andrea, Daniel, Ángeles e Serafín, de 4º ESO, retransmitiron en vivo unha visita ao Natural History Museum, conectados co alumnado do IES do Castro, a través da conta @xeoiesocastro de instagram. Poderedes atopar aí o material coas súas fotos e vídeos e coa narración de información e das súas percepcións.visita ao museo historia natural dinosaurio

O Proxecto Instagram Educativo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía deste instituto, desenvolvido polos profesores Luis Pérez González e Ofelia Bermúdez, comezou coa Xeo Actividade Azores 2017. Desta actividade falounos Luis Pérez nunha charla para todo 4º ESO pola tarde na clase.

EVOLUTION é a segunda parte do proxecto. Agora tocoulle ao alumnado do Cañada Blanch, orientado Luis, amosar en directo os esqueletos dos dinosaurios, os fósiles e minerais, a colección de Darwin, as grutas xeolóxicas… do Museo de Historia Natural, compartindo a súa experiencia co alumnado vigués. E fixérono, claro, en galego!

 

Deixa un comentario

*