Artistas galeg@s en Londres (IV): Peque Varela, directora de cine, connosco

Peque Varela é unha moza ferrolá instalada hai tempo en Londres onde se graduou na National Film and Television School in Animation Direction. O seu filme de graduación 1977 leva unha chea de ben merecidos premios e foi seleccionado para festivais tan prestixiosos como Sundance Film Festival ou Clermont-Ferrand Film Festival. En 2009 coa arxentina Silvia Cornillón fundaron a produtora Argallando que xa deu os seus primeiros froitos. Mañá estará connosco para ver e falar sobre a súa obra. Sen dúbida, un luxo.
Para os que non poidades estar aquí vos deixamos 1977 e non perdades de visitar a súa web. A desfrutar.

E agora a microentrevista realizada por Ana e Patricia despois do interesantísimo encontro co alumnado de Bach

1 comentario en “Artistas galeg@s en Londres (IV): Peque Varela, directora de cine, connosco

Deixa un comentario

*