As influencias musicais inglesas na música galega, en galego e en Londres

O próximo luns o alumnado de Bacharelato gozará dunha sesión ben musical pois estará connosco Juan Fernández Navazas. Este xoven filólogo está a realizar na capital británica os seus estudos de investigación ao redor de certos grupos ingleses dos anos 70-80 que, como di el “pasaron da performance abxecta  á música industrial. Hai un pouco de sicoanálise, un pouco de antropoloxía, historia da música, literatura francesa..” Mais, á espera de ver os froitos, propón falarnos de como en Galicia se tomaron certos patrón da música inglesa, sobre todo, en grupos como Siniestro Total, Resentidos, Golpes Bajos ou Víctor Coyote. Sen dúbida, promete.
E, entre Sex Pistols e Siniestro,  recibimos unha magnífica lección de historia da música. Grazas

Deixa un comentario

*