Asústate, Merche!

Asústate Merche, é unha novela escrita por Fina Casalderrey. A novela trata dunha rapaza de 15 anos chamada Auria. Auria vive unha adolescencia moi dura xa que ten que soportar a ausencia do seu pai, que abandonounas a ela e a súa nai. Por esta razón, Auria rexeita aos homes e dubida de que poida chegar a namorarse. Auria ten un diario no que escribe todos os seus problemas, e a particularidade da novela, é que Auria trata ao seu diario coma se fora unha persoa e diríxese a el co nome de Merche. 
Auria está moi deprimida e a súa nai convéncea de que vaia a unha excursión de estudantes por toda Europa, organizada polo cura da parroquia. Nesta viaxe ocorre algo inesperado, Auria descubre o amor por primeira vez con Paio, que vén sendo sobriño do cura; por primeira vez séntese feliz de verdade. Pero esta felicidade dá un xiro drástico, cando Auria descobre que Paio é adoptado e por un malentendido pensa que é o seu irmán. Isto leva a Auria a un  intento de suicidio.
Ao final resólvese o malentendido, e Auria e Paio loitan porque dure o seu amor.
Recomendo esta novela, sobre todo aos adolescentes xa que o feito de que a novela estea escrita en primeira persoa e trate temas adolescentes conmo por exemplo o primeiro amor, a amizade,etc. fan que o lector se sinta identificado cos personaxes.

Deixa un comentario

*