Presentación do libro de Fran Pereiro en Londres.
Neste poemario, Fran Pereiro fala das diferentes fases da depresión: “É moi intimista, moi duro ás veces, pero moi honesto”.
Atlas de Xeografía Interior é un percorrido polas diferentes etapas da depresión: dende o momento do recoñecemento, ao exame interior, ata chegar á terapia e á esperanza.
É un libro de poemas escrito totalmente espido, sen trampas e comprometido coa miña liberdade persoal e expresiva. Non hai puntuación nin maiúsculas porque no pensamento da depresión as ideas corren e amontóanse sen pausas e sen freo. É un libro sobre min, e sobre ti.
No IE Cañada Blanch. Mércores 1 de maio ás 17:00 h.