O actor Avelino González tráenos a mellor narración oral galega a Londres

Este venres vimos de ter no noso centro a Avelino González, un dos máis coñecidos actores galegos grazas ao seu paso por múltiples series de televisión da TVG e ao seu traballo como actor, director e tradutor de teatro. Na actualidade encarna o personaxe de Marcelino na serie  ‘Seis hermanas’ da TVE.

Pero Avelino é ademais un fantástico narrador e neste caso a actividade enmárcase dentro do programa de accións bimestrais do Festival Atlántica, un Festival Internacional de Narración Oral que promove e pon en valor a oralidade atlántica. Grazas a esta colaboración entre o Festival Atlántica e Galego en Londres o alumnado de galego do IE Cañada Blanch puido achegarse un pouco máis á riqueza do patrimonio oral galego a través dun dos seus narradores máis coñecidos. Non deixedes de visitar a súa web: avelinogonzalez.gal, nin de ver o que conta o Faro de Vigo:

avelino gonzalez -galego en londres (5)

 

avelino gonzalez -galego en londres (6)

 

avelino gonzalez -galego en londres (16)

Deixa un comentario

*