A Boina da simpatía chega a Londres

Esta semana recibimos no IE Cañada Blanch a fermosa boina artesá elaborada por Sandra Vilas en recompensa polo premio de fotografía Boina da simpatía que gañamos o curso pasado, convocado polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.

O noso premio: a auténtica Boina Galega feita de maneira artesanal
O noso premio: a auténtica Boina Galega feita de maneira artesanal

De hoxe en adiante estará exposta na vitrina do corredor principal do centro, ao lado da foto gañadora, que realizou a alumna Ángeles Lema, que actualmente cursa 4º da ESO, e na que posou Sara da Mota Freitas, que xa non vive en Londres e non estuda máis con nós, pero a quen botamos de menos, e si, precisamente pola súa simpatía.

Os alumnos participantes no concurso, e varios profesores do claustro, prestáronse a posar coa boina na cabeza, demostrando que aquí en Portobello non nos falta #boinastyle.

Os alumnos participante no concurso rodean á fotógrafa gañadora do premio Boina da simpatía
Os alumnos participante no concurso rodean á fotógrafa gañadora do premio Boina da simpatía
Ánxeles, a fotógrafa gañadora do premio, posa nesta ocasión como modelo.
Ánxeles, a fotógrafa gañadora do premio, posa nesta ocasión como modelo.
A nosa directora, Maribel, dota de dignidade institucional á boina galega
A nosa directora, Maribel, dota de dignidade institucional á boina galega
Lucía, profe de tecnoloxía, con moito estilo: estilo de Bueu
Lucía, profe de tecnoloxía, con moito estilo: estilo de Bueu
Silvia, profesora de francés, ao mellor estilo de Nerja
Silvia, profesora de francés, ao mellor estilo de Nerja
Mr Bellotti demóstranos que os profes ingleses tamén saben levar a boina
Mr Bellotti demóstranos que os profes ingleses tamén saben levar a boina
Carmen, profesora de español, co divertido estilo de Almería
Carmen, profesora de español, co divertido estilo de Almería
Begoña, a profe de galego, coa boina ao estilo de Mazaricos
Begoña, a profe de galego, coa boina ao estilo de Mazaricos
Marinueva, alumna de 3º ESO, leva a boina de lado, coma os do Ézaro
Marinueva, alumna de 3º ESO, leva a boina de lado, coma os do Ézaro
Aitor é un alumno vasco: apetécelle poñer a nosa boina, aínda que defende que boina, boina, a deles 🙂

 

 

Deixa un comentario

*