Botando contas

Nos últimos días desta xeira de cinco anos parécenos que pode ter certo interese ofrecer un balance en cifras desta experiencia marabillosa.
En canto á docencia no IE Cañada Blanch impartimos aulas de galego a unha media de 55 alumnos cada ano, fundamentalmente na ESO pero tamén en Primaria (como materia extraescolar) e nos catro primeiros anos en Bacharelato tendo como eixo un enfoque sociocultural da materia e o uso das TIC. E tamén como docente organizamos nestes 5 anos unhas 260 actividades en galego no propio centro para o alumnado de galego e, en non poucas ocasións, para alumnado que non a escollera como opcional. Isto foi posible grazas á colaboración altruísta e xenerosa da xente convidada, a maioría londoners altamente cualificadas/os. E ao final de cada curso fomos facendo un vídeo-resumo deste traballo: 2010-2011, 2011-2012, 2012-2013, 2013-2014, 2014-2015. E entre esas actividades 4 viaxes a Galicia: no 2011 con 10 alumnos; seguimos no 2012 e logo outra no 2014 e a última con 28 alumnos neste curso.

Unha das aplicacións web que usamos foi o blog Fala Londres, entendido como blog do profesor. Algúns datos para estes cinco anos: 452 entradas, 110.000 visitas, 38 seguidores e un page rank 4. As entradas máis vistas foron a referida á visita que nos fixo Carlos Blanco e cando presentamos a curta Portobello, porque me peta! realizada por Carlos Abeijón co noso alumnado de 3ºESO e finalista do IV certame “Curtas para Rosalía” da AS-PG.

E este traballo viuse recoñecido coa etiqueta Buenas Prácticas 2.0 polo INTEF e coa selección do proxecto por parte de Educabarrié.
Por último, tocante á xestión das redes sociais de Galego en Londres, a páxina facebook Galego en Londres (xurdida dun perfil inicial con ese nome) agrupa, nestes momentos, a máis de 5300 seguidoras/es, a maior parte, integrante da comunidade galega do UK. A conta de twitter ten 1036 seguidoras/es neste momento e chiamos máis de 2300 veces.

1 comentario en “Botando contas”

Deixa un comentario

*