Brian é un londoner de 8 anos. Estuda galego unha hora á semana como actividade extraescolar en Primaria. Escoitade a súa versión. Abride os ollos e as orellas. Esbozade un sorriso e deixádevos levar por esta versión do conto de Os sete cabritos e o lobo ferós, cun aquel da Costa da Morte. Historias como esta non só pagan a pena senón que ata reconfortan o ánimo. Grazas Brian e grazas á súa familia por deixarlle esta herdanza.
EXTRAORDINARIO; BRIAN! FELICIDADES! Estou emocionada! GRAZAS por falar tan maravillosamente na nosa lingua, e en LONDRES! Estou tan orgullosa de ti, de ter sido a túa profe.. E GRAZAS XAIME polo EXTRAORDINARIO TRABALLO que fas por nós, polo galego, por GAliza, por dar sentido a algo que hai que sentir tan fondo como Brian para poder falar asÍ! GRAZAS!
ESPECTACULAR; BRIAN; Estou tan orgullosa de ter tido un alumno coma ti! Qué felicidade! Sodes afortunados de podervos expresar na vosa lingua nai así e en Londres! Grazas Xaime polo EXTRAORDINARIO TRABALLO! Sentir o galego así é o que fai camiño!
Unha verdadeira marabilla !.
Ogallá en Galicia se expresasen así de ben a metade dos nenos.
Noraboa para Brian e os pais !.
Veño sumarme ao coro de parabéns para Brian por ese dominio da lingua galega e tamén a felicitar ás persoas que lle facilitan a posibilidade de acadar ese dominio. Mentras haxa xente coma vos (en Antas ou en Londres, en Fisterra ou en Budapest); o galego terá mil primaveras máis!!
Apertas dende a Chousa
Este é o noso orgullo!! Sabermos que a fala segue viva na voz dos miúdos.
A miña noraboa máis emocionada para a rapazada e o profe; e un bico forte para a Brian, como a súa voz ceibe.
Moitas grazas a todas e a todos. Transmitireille as vosas palabras.
Moitas grazas