A Galiza imaxinada polos outros, con Carlos Pazos

Que pensan fóra dos galegos? Cal é a visión que teñen os outros de nós? Mudou? 🤔

Por que os romanos nos consideraban un pobo guerreiro?

Por que no século XII Galicia se percibía como unha Arcadia e unha terra de riqueza e abundancia?

Que levou aos autores dos Siglos de Oro a denigrar tanto aos galegos?

Como loitaron os autores do Rexurdimento por dignificar a nosa imaxe?

E, sobre todo, con que elementos materiais e inmateriais se constrúe a nosa imaxe de hoxe?

A construción da imaxe asociada aos galegos fóra das nosas fronteiras foi o apaixonante tema do que nos falou hoxe nas aulas de galego de 4ºESO Carlos Pazos-Justo. Carlos Pazos-Justo é profesor na Universidade do Minho en Portugal e doutor en Ciencias da Cultura. Leva anos estudando a imaxe de afinidade (positiva) e de desprezo (negativa) dos galegos no exterior e divulgando as súas pesquisas en congresos e diversas publicacións.

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

*