A nosa alma multilingüe, con Carmen Pena

Carmen Pena Díaz é profesora titular no Departamento de Filoloxía Moderna da Universidad de Alcalá de Henares, onde ensina e investiga en campos como o Bilingüismo, a Pragmática ou a Tradución.

Pero para nós é moito máis ca unha profesora universitaria, porque Carme é galega, filla de emigrantes, e medrou en Londres, como boa parte do alumnado do IE Cañada Blanch. Ademais o noso instituto foi antes o seu.

Na actualidade está completando unha estadía en Londres como parte das súas investigacións. Polo Cañada corren as súas fillas e a ela é frecuente vela pola biblioteca do centro. Agora pasou polas nosas clases falarnos dun dos temas dos que máis sabe, o bilingüismo e a adquisición de segundas e terceiras linguas. Con ela charlamos sobre a nosa percepción sobre o galego, sobre o seu uso en Londres, sobre a mestura de linguas, sobre a mediación interlingüística e intercultural.. e sobre a riqueza de sabermos moitas linguas, cantas máis mellor, pero sobre todo a nosa!

 

Deixa un comentario

*