A Brit-Es Magazine con Carolina Núñez Roca

Como seguir os teus soños? Como iniciar un proxecto propio? Como redactar, maquetar e promover unha web? Como dotala dun deseño claro, atractivo e moderno? Como rodearte dos mellores xornalistas, fotógrafos, artistas…? Como conseguir o apoio de institucións e autoridades? Saber galego pódenos axudar nun mundo global?

Carolina Núñez Roca é unha coruñesa afincada en Londres desde hai uns anos e a promotora dunha marabillosa iniciativa cultural: a revista de arte Brit-Es Magazine, un punto de encontro entre a cultura británica e española que atende especialmente ás artes plásticas.

O Encontro no Cañada co alumnado de 3º ESO de hoxe foi moi frutífero. Contestou estas preguntas e moitas máis 🙂

 

Deixa un comentario

*