Carteámonos pola vella con Boqueixón

Hoxe saíron de Portobello 19 cartas escritas por algúns alumnos de galego do Cañada dirixidas a Galicia, ao CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto. Os rapaces fixeron unhas cartas moi bonitas e elaboradas. Non sabemos quen nos vai ler, pero estamos seguros de que entre o alumnado de Boqueixón atoparemos a alguén interesado en cada un de nós!

Mirade as cartiñas pregadas: Alguén se interesará por nós pola nosa nube de palabras!? Alguén abrirá o paquetiño e verá o noso avatar? Alguén lerá o que contamos e contestará?

Deixa un comentario

*