Carteámonos coa rapazada de Primaria de Cervo

Que ledicia levamos no Cañada Blanch cando recibimos 120 pezas únicas elaboradas polos pequenos do Colexio de Cervo. Trátase dunha serie de marcapáxinas que ben se ve que foron elaborados con moito agarimo desde a terra de Sargadelos.

 

Esperamos que sexa o comezo dunha relación entre nós que nos leve a facer moitas actividades conxuntas. A primeira, por suposto, contestarlles aos nosos amigos. Así que a rapazada que asiste á clase extraescolar de Galego de Primaria no Cañada Blanch escribiu e deseñou tamén con moito cariño e dedicación as postais que encabezan este post, que lles enviamos por correo postal. Esperamos que vos gusten!

 

 

 

Deixa un comentario

*