O substantivo e o adxectivo

Deixamos un novo powerpoint do substantivo e o adxectivo. Esperemos que vos guste.Máis información nesta páxina e neste enlace Para actividades aquí, ou nestoutro sitio. E se aínda tes dúbidas proba aquí e máis neste enlace e mesmo neste Lim. E para calquera aclaración, xa sabes onde estamos… nos comentarios. Substantivo .

Tristes Armas: Marina Mayoral

Tristes Armas. Un día de outono dúas rapazas, Rosa e Harmonia saen do orfanato para coller un barco que as levará a Rusia, debido ao perigro que corrían pola Guerra Civil. No porto despedíronse do seu pai Miguel pero a nai  Carmiña non chegou a tempo. No barco ían moitos rapaces na mesma situación ca … Ler máis…

As nosas voces: Ana

Ana é natural de Espasante e xa leva tempo en Londres. Estuda 4º da ESO onde un cambio na normativa das opcionais lle impide continuar co galego e ten que facer en español a materia de “Trabajo monográfico”. Como vimos dicindo, abride as orellas, debuxade un sorriso nos beizos e pensemos que aínda hai esperanza … Ler máis…

Londres escribe en galego: Paula

Paula C. V. é unha londinense da Costa da Morte. Aos seus 12 anos fainos concibir a esperanza de que o futuro da escrita galega tamén estea en Londres. Como dicimos sempre nestas marabillosas ocasións, abramos ben ollos, deixemos que o sorriso se debuxe nos nosos beizos e non perdamos a esperanza. Grazas Paula. Agardarémoste … Ler máis…

Algunhas cuestións de Fonética e Fonoloxía

Hoxe ofrecemos un pequeno achegamento a algunhas cuestións de Fonética e Fonoloxía cunha presentación realizada por Laura e María, do IE Cañada Blanch de Londres. Para afondar máis no tema podes acudir aquí ou neste enlace así como facer estes exercicios. Fonética e fonoloxía View more presentations from

As nosas voces: Serxio

Hai poucos días ofrecémosvos unha presentación sobre a acentuación feita por Sonia e Serxio. A Sonia xa lle coñecestes a voz. Hoxe ímosvos presentar a un coruñés que leva uns anos en Londres.Veredes o ben que fala galego aínda que el pensa que non.

A acentuación: quen dixo medo?

Como había tempo que non repasabamos a acentuación, fixemos este power-point para refrescar a nosa memoria. Agardamos que tamén lles sexa útil para os que están empezando co galego no instituto. E medo ningún, pois ao final é máis sinxelo do que se cre. Tan só hai que prestarlle un pouco de atención. E se … Ler máis…