Aula
As Letras Galegas cos amigos do IES de Negreira
Os premiados do Certame Literario en lingua galega
‘O IE Cañada Blanch é moi singular’ – como se fixo 2
O obradoiro de stop motion con Borja Santomé que fixemos nas clases de galego animounos a crear unha curta propia: ‘O IE Cañada Blanch é moi singular’, co que vos presentamos o noso cole en Londres. Pero antes fixemos algúns exercicios na clase. Velaquí as minicurtas improvisadas na aula.
‘O IE Cañada Blanch é moi singular’ (curta de animación)
O obradoiro de stop motion realizado co artista Borja Santomé levounos a preparar unha curta sobre o noso instituto, o IE Cañada Blanch de Londres, na que plasmamos as clases de galego, o noso patio, o parque para os pequenos, os rapaces facendo deporte e cantando… O alumnado de galego de 2º, 3º e 4º ESO realizou os decorados e as figuras, puxo as voces e mesmo cantou. Ademais Sahara, unha artistaza da clase de 2º, pintou o convento.
O IE Cañada Blanch é moi singular; unha escola familiar na que alumnos e profes somos moi felices e na que se respira a pluralidade e o multilingüismo. Así o quixemos amosar neste ? 25 aniversario dos estudos de galego en Londres. ?
Coñecemos Galicia: Sir John Moore
A relación da Coruña con Inglaterra non nos deixa de sorprender. Nesta ocasión a rapazada do IES de Adormideiras preguntounos por outro protagonista importante da historia de Galicia, do que nos falan aquí Eduardo, Andrea e Aisha. Sabedes quen está enterrado no Xardín de San Carlos? E no cemiterio dos ingleses? A que xeneral inglés lle dedicou Rosalía de Castro un poema? Velaquí o que aprendemos investigando sobre Sir John Moore.
Atrévete con Londres: as xogueterías
Visitar as xogueterías de Londres convértenos a todos de novo nun pouco nenos. Elarise e Sienna, dúas alumnas de galego de 4º ESO, cóntannos o que podemos atopar e visitan algunhas das máis singulares.
Coñecemos Galicia: María Pita
Que se sabemos quen é María Pita? A nova pregunta dos rapaces do IES de Adormideira sobre cultura galega ten que ver con esta heroína da cidade da Coruña. Estivemos a investigar e vimos que ten moita relación con Inglaterra, como nos explican Ella, Issy, Alex e Eduardo. Cando vaiamos á Coruña, xa sabemos o que podemos atopar na praza do Concello. Quen teña honra que nos siga!
Coñecemos Galicia: a torre de Hércules
Pregúntannos os rapaces do IES de Adormideiras que se coñecemos a torre de Hércules. Pois si. Algúns xa a vimos e outros non, pero todos nos informamos sobre este faro romano e sobre as lendas da súa construción. Aquí cóntanvolo Diego, Aitor, Adrián e Gabriel. Temos ganas xa de ir ao campo da torre a correr ao lado do mar e a ver a rosa dos ventos e a estatua de Breogán.
Cadraranos na viaxe a Galicia deste curso?
Atrévete con Londres: os museos
Brian, Marinueva e Elisa, alumnos de galego de 3º ESO recoméndanvos a todos os que queirades vir visitar a cidade un dos hits de Londres, os seus museos, a maioría deles gratuítos.
Coñecemos Galicia: a catedral de Santiago
Os rapaces do IES de Adormideiras cos que facemos o intercambio lingüístico fannos unha nova pregunta sobre a cultura galega. Hai algunhas cousas das cidades e monumentos galegos que xa coñecemos e outras aproveitamos para investigalas.
Velaquí o que aprendeu o alumnado de galego de 1ºESO sobre a catedral de Santiago. Cóntannolo Alba, Alfred, Kiara e Laura.
Atrévete con Londres: un paseo polo Southbank
Eloy, Samu e Dani quérenvos alertar. Vides botar uns días a Londres? Pois non deixedes de facer un dos principais itinerarios a pé da cidade, o paseo polo Southbank, desde a ponte de Westminster ata a Torre de Londres. Son moitos os descubrimentos que faredes polo camiño: Drake, Shakespeare, Norman Foster… Ata aquí podemos ler!
Aprender por instagram no Museo de Historia Natural
Conxugar ciencia, aprendizaxe e tecnoloxía en galego. Iso é o que fixeron catro alumnos do IE Cañada Blanch de Londres este martes 28, participando nunha innovadora experiencia educativa promovida polo IES do Castro de Vigo que consiste en
De Portobello a Adormideiras 2: o Entroido no Cañada
No proxecto de intercambio lingüístico cos rapaces do IES Adormideiras da Coruña, fixéronnos varias preguntas relativas á cultura galega.
A primeira pregunta era ben sinxela, así que aproveitamos que estamos a finais de febreiro para amosarlles como vivimos as nosas festas: viva o Entroido!
E dámoslles as particulares grazas a Diego e a Keti, por agasallarnos hoxe con filloas, orellas e roscos.
Atrévete con Londres: as 10 fotos imprescindibles
Paloma e Juanes, alumnos de galego de 3º ESO, recoméndanvos os hits de Londres: non podedes marchar da cidade sen unha foto aquí. Velaquí os seus 10 must see!
Atrévete con Londres: Portobello
En dúas semanas recibimos en Londres aos nosos amigos do CPI Camiño de Santiago de Arca, así que o alumnado de 3º e 4º da ESO estivo a preparar uns vídeos cunhas suxestións do que non deben perder na cidade. O noso cole está en Portobello, así que o noso barrio ben merece unha visita. Preparados para unha visita con Lucas, Andrea e Ánxeles?
Rosalía no Cañada: ‘Como chove en Portobello’
No Cañada Blanch querémonos sumar ás accións que os centros de ensino galegos están a realizar esta semana para conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro,
Skype co IES de Adormideiras
Hoxe fixemos un skype cos nosos amigos do IES de Adormideiras. O alumnado de 3º e 4º da ESO de Galego en Londres practicou así o seu galego, e a rapazada da Coruña puido empregar o seu inglés e escoitalo da boca dos nosos. En xuño sempre visitan Londres, así que agardámolos por aquí pronto. Mentres, seguiremos a argallar actividades con eles.
De Portobello a Adormideiras I – Eu son
Este ano comezamos un ilusionante proxecto de intercambio lingüístico con rapaces do IES Adormideras da Coruña. Eles, xunto co seu profesor Ramón Iglesias, vannos propoñer retos en galego e en inglés, e viceversa. Nós estaremos do outro lado do correo, da web e do Skype para responder e propoñer.
Querédesnos coñecer? Comezamos o post cun vídeo no que o alumnado de 1º ESO do IE Cañada Blanch se presenta. (Fáltanos Eduardo, pero seguro que vos saúda outro día!).
E tamén queremos saber dos nosos amigos, así que témoslles preparadas unhas preguntiñas.
O Mannequin Challenge no Cañada | Primaria
Algúns dos cativos de 3º, 4º e 5º de Primaria, que asisten a clases de galego como extraescolar, tamén quixeron facer o seu particular mannequin challenge, así que andaron a buscar material e chegaron á clase cun mapa de Galicia, o texto do himno, láminas de vocabulario, cómics dos Bolechas e de Asterix, unha pandeireta e ata unha camiseta de ‘E logo!’. Ganas non lles faltaban 🙂
O IE Cañada Blanch contra a violencia de xénero
O alumnado de galego de 2º ESO está fortemente concienciado na mensaxe que hoxe, 25 de novembro, queremos transmitir. Non queremos máis violencia de xénero, non queremos máis sumisión, máis gaiolas, teitos, cadeas nin fíos invisibles que sometan as mulleres. A idea e os debuxos da campaña son obra de Sahara.
O Mannequin Challenge no Cañada | 3º e 4º ESO
Galego en Londres participa na nova moda viral de Internet: o reto do manequín, o #mannequin challenge.
Fixemos dúas versións: unha é do alumnado de 1º ESO e outra do de 3º e 4º ESO. Esta é a de 3º e 4º ESO.
Cal vos gusta máis?
O Mannequin Challenge no Cañada | 1º ESO
Galego en Londres participa na nova moda viral de Internet: o reto do manequín, o #mannequin challenge.
Fixemos dúas versións: unha é do alumnado de 1º ESO e outra do de 3º e 4º ESO. Esta é a de 1º ESO.
Cal vos gusta máis?
Bailamos o trompo no Cañada
“Polo San Martiño, trompos ao camiño. Polo San Amaro, trompos ao faiado”. No Cañada esta semana estamos a achegarnos a un dos xogos tradicionais dos galegos no outono: o trompo ou peón. Tocámoslle a barriga, o pirucho, o ferrón e a piola e puxémonos a bailalo. Moitos intentábano por primeira vez, pero como vedes o resultado foi magnífico!!
A Boina da simpatía chega a Londres
Esta semana recibimos no IE Cañada Blanch a fermosa boina artesá elaborada por Sandra Vilas en recompensa polo premio de fotografía Boina da simpatía que gañamos o curso pasado, convocado polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
Visitas da Coruña, Oleiros e Santiago
Esta última foi unha semana de visitas.
Un día tivemos a sorte de contar cunha chea de rapaces procedentes de dous institutos da Coruña e de Oleiros, que viñeron
Conexión Londres-Rianxo 2016
Un ano máis, un grupiño de alumnos de 2º ESO que estudan galego no IE Cañada Blanch de Londres e outro do IES Félix Muriel de Rianxo que colaboran co seu Ednl fixeron unha conexión por videoconferencia para se coñeceren e falaren dos seus intereses. Repasamos os mellores lugares e lembranzas de Galicia e de Londres, intercambiamos gustos e … Ler máis…
Entrevístanos o alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo
O alumnado do IES Manuel Murguía entrou recentemente en contacto connosco para propoñernos unha entrevista audiovisual. Como produto velaquí o vídeo con preguntas
Os nosos marcapáxinas de Manuel María, premiados
Comezamos a semana logo do half term cunha boísima nova: un novo premio para
Letras Galegas 2016: un 17 de maio cos amigos do Xulián Magariños de Negreira
Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cun acto moi especial do que tiveron moita culpa os rapaces do instituto Xulián Magariños de Negreira. Algúns visitáronnos este 17 de maio aproveitando a viaxe
Letras Galegas 2016: o ‘Bando da clase’
Achégase o Día das Letras Galegas e un grupo de alumnos de galego do IE Cañada Blanch quixeron facerlle unha homenaxe moi especial a Manuel María adaptando o seu ‘Bando do alcalde‘, un dos seus poemas máis reivindicativos, aos tempos modernos. Velaquí o noso ‘Bando da clase‘.
Imos para Arca (7)
De bichos e demais parentes é o título deste vídeo no que o alumnado de Londres e de Arca nos comenta a súa paixón polos animais. Iso si, as mascotas da cidade non se achegan nin de lonxe á exuberancia de cabalos, gatos, cans, cadelas e galiñas inglesas que forman parte da cotidianeidade de Arca.
Imos para Arca (6)
Videoxogos de “mundo aberto”, youtubers e videobloggers, mais tamén a música, desde a clásica á pop, ocupan o tempo da rapazada de hoxe en día, o mesmo nunha pequena vila galega ca na gran metrólope londinense. Mirade como nolo explican.
Imos para Arca (5)
Sabemos cantar e tocar, sabemos bailar, gústanos pintar e buscar o encadre perfecto nas nosas fotos. Velaquí cho contamos.
Imos para Arca (4)
Libros, películas, viaxes soñadas… Achegádevos aos intereses da mocidade de Arca e Londres a través deste vídeo no que falan dos seus gustos e fantasías.
Imos para Arca (3)
Claro que hai vida alén do fútbol. Velaquí a incrible e interminable lista de deportes diferentes que practica con gran pericia moita da rapazada de Arca e Londres. Só citalos e comezas a suar. Velaquí o terceiro vídeo desta serie.
Imos para Arca (2)
Fútbol, moito fútbol… O Dépor, o Celta, a carón doutros clubs do mundo enchen o corazón de moitos dos rapaces de Londres e de Arca, pero hai un que vincula especialmente á comunidade galega de Londres: o Deportivo Galicia.
Imos para Arca (1)
Está a chegar o día da Viaxe da lingua deste curso 2015-2016. Do 3 ao 8 de maio andaremos por Galicia coñecendo lugares novos e enchoupándonos da nosa cultura. Pero ademais imos ter que practicar, e moito, o galego. A primeira parada farémola en Pedrouzo, en Arca. Alí atoparémonos cos rapaces do CPI Camiño de … Ler máis…
Os segredos do Cañada Blanch no noso padlet etwinning
Como sabedes, participamos no Proxecto das Letras Galegas 2016 a través da plataforma eTwinning que impulsa o IES San Clemente de Santiago. Unha vez completada a primeira tarefa de achegamento aos nosos socios, unha das actividades que nos propuxeron foi contribuír á elaboración dun padlet colaborativo no que se visen as instalacións da nosa escola … Ler máis…
Galego en Londres, premio de fotografía Boina da simpatía
No IE Cañada Blanch vimos de recibir con grande alegría a nova de que recibimos un dos premios no concurso de fotografía Boina de Ouro. Trátase dunha actividade creada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces para promover o uso da boina como accesorio de moda vangardista e revitalizar e modernizar as nosas … Ler máis…
“A miña avoa”, polo Día Mundial da Poesía
Hoxe é o Día Mundial da Poesía e comeza a primavera. Entre os poemas realizados polo alumnado de galego do IE Cañada Blanch destaca, polo cariño que hai detrás, esta elexía á súa avoa escrita por Diegos Ramos Suárez, de 6º de Primaria. “Moitos anos han de pasar para que dela me poida olvidar”. A … Ler máis…
Como o meu bisavó levaba a boina, altamente e sempre na cabeza
Estamos orgullosos do noso, aínda que vivamos en Londres, así que fixemos fotos, moitas fotos, como os nosos bisavós levaban a boina, altamente e sempre na cabeza, como diría Raúl Gómez Pato. Con elas queremos participar na marabillosa iniciativa do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, o concurso Boina de Ouro, … Ler máis…
Participamos no Proxecto europeo Letras Galegas 2016
Este ano a Área de Galego do IE Cañada Blanch colabora no Proxecto das Letras Galegas 2016 que impulsa o IES San Clemente de Santiago. Trátase dun proxecto colaborativo a nivel europeo que utiliza a plataforma eTwinning para dar a coñecer a lingua galega e os seus escritores. Vai xa pola súa sexta edición e, como é lóxico, … Ler máis…
Fala Londres entrevista a Manuel Gago
Algúns alumnos de galego do IE Cañada Blanch estiveron a ler os relatos de Vento e chuvia, esa recreación dunha mitoloxía galega de orixe castrexa que xurdiu da pluma de Manuel Gago. Alentados pola curiosidade, contactaron co autor para saberen máis sobre a cultura castrexa e as nosas orixes, e mais para indagaren no proceso … Ler máis…
#MobilizaRosalía en Londres
Na área de galego do IE Cañada Blanch sumámonos á campaña “Mobiliza Rosalía”, unha proposta da AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino. Os pequechos ademais pintaron a postal deseñada por Pepe Barro para conmemorar o 24 de febreiro e recitaron un anaco da “Meniña gaiteira”.
Uf! contado desde o corazón :)
Os cativos que estudan galego na extraescolar de Primaria no IE Cañada Blanch quixeron celebrar tamén o Día dos Namorados. Logo dun intenso traballo de papiroflexia para realizar cadanseu corazón de papel, narraron e decoraron por cachiños o fermoso conto ‘Uf!’ de Séchu Sende, e aprenderon e repetiron unha palabra ben fermosa: Quérote.