Artistas da lingua

Velaquí vos deixamos un pequeno vídeo elaborado polo alumnado máis pequecho da área de galego que se achegou hoxe a esta actividade extraescolar no IE Cañada Blanch de Londres. Sen dúbida, son moi grandes.

Tarefa: Uxía

Escoita (mínimo ata o m. 10) esta entrevista que lle fan nunha televisión local á cantante Uxía e logo responde as seguintes preguntas: E agora responde e envíamo ao final co teu nome e curso: Cargando…

O galo canta…

Aproveitando o agasallo que Uxía nos fixo do CD Xiqui Xoque Fiú Fiú de María Fumaça, cuxo proxecto comandou a artista  de Mos, o alumnado de galego de 1ºESO preparou esta canción con coreografía incluída. Un pequeno agasallo.

Eu son Rosalía

Hoxe é 24 de febreiro e dende Londres queremos sumarnos tamén á homenaxe que cada ano se lle fai ao noso gran referente literario. Por iso co alumnado de 5ºPrimaria fixemos este vídeo: E cos de 1º e 2º ESO estoutro:

Tarefa: a Galicia romana

Nesta actividade de sociocultura imos primeiro ver este fragmento do programa da Televisión de Galicia, Historias de Galicia. E despois contestaremos ao cuestionario que vai deseguido: E agora respondemos. Podes volver reproducir o vídeo as veces que o precises. Cargando…

150 anos de Portobello Market

Este ano cúmprense 150 anos do mercado de Portobello, mercado do que tamén forma parte o instituto español Cañada Blanch onde dende 1992 se ensina galego. Desta o alumnado de galego de 3ESO tento traducir os textos que figuran nos murais da exposición de Peter Dunn que colgan dos muros de dito mercado titulada Heart … Ler máis…

Felices festas

Chegado o final de trimestre tan só queremos desexarvos a todos que teñades unhas felices festas e un 2015 cheo de ilusións. E para ocasión, fixemos esta vídeo-postal con parte do alumnado de Primaria. Agardamos que vos guste.

Quen é quen?

Actividade co alumnado de galego de 3ESO do IE Cañada Blanch de Londres para traballar a descrición física. Daquela a ver dades feito con este reto de adiviñar a tanta celebridade: E aquí os de 1ESO facendo algo parecido: E aquí os de 2ESO con outra pequena variante:

Quen sabe máis de Galicia?

Para introducir algúns contidos socioculturais ocorréusenos tomar a idea do concurso. O resultado é moi humilde como todo o que facemos. Pero se queredes saber as risas que lle botamos, idea cara a parte final do vídeo onde incluímos as tomas falsas.

Tiras cómicas do alumnado de Primaria

Hoxe toca unha de humor con algunhas tiras cómicas da cativada elaboradas con stripgenerator, goanimate e toondoo. A festa dos animaisA profesoraMorreu por facerlle dano A nena ÁngelaTi un heroe, ja!Amigos A casa do terrorNinjasmin By setemaisun | View this Toon at ToonDoo | Create your own Toon

Proxecto: Mil Penélopes máis para a lingua

Necesitámosvos para o proxecto MIL PENÉLOPES MÁIS PARA A LINGUA.  Entrade neste enlace ide a Comment, elixide audio ou video como forma de expresión. E logo locutade, recitade, cantade, rapeade ou versionade o famoso poema “Penélope” de Díaz Castro (Letras galegas 2014).  Logo veremos os vosos vídeos ou escoitaremos os audios nas aulas de galego … Ler máis…

O horóscopo dende Londres

Para traballar a expresión do futuro elaboramos a seguinte actividade: a confección dun horóscopo. Aquí tedes o alumnado de galego de 3ESO do IE Cañada Blanch falando do noso futuro. Non deixedes de facerlles caso.

Tempo

Mirade con atención este vídeo e despois contestade ás seguintes cuestións: Velaquí o cuestionario:Cargando… E por último, escribe un pequeno texto que puidera acompañar ao vídeo. Locútao usando a seguinte aplicación e envíalla ao correo do teu profesor:

Brian e a lámpada marabillosa

Brian, un neno de 6ºPrimaria que vén ás aulas de galego do IE Cañada Blanch, quere desexarnos estas festas cun dos seus contos. Nesta ocasión fixo unha lectura anterior nun libro no que as lámpadas eran lampadas de aí que este conto, marabilloso de seu, aínda o sexa máis na voz deste londoner. Moitas grazas … Ler máis…

Lingua, PS3 e skate en Londres

Dani ten 12 anos e é un auténtico londoner: gústalle o skate, os videoxogos e, amais do inglés, a súa familia tamén elixiu que falase galego. Desa mestura marabillosa saíu este proxecto no que combina á perfección todas estas habilidades. Aquí tedes unha clase de skate, comentada en galego dende Londres por este mozo que … Ler máis…

Lendo a Neira Vilas en Londres

Hoxe o alumnado de 3º da ESO tivo un día moi especial. Traballamos cunha unidade didáctica ao redor do fragmento “América” de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Foi moi emocionante compartila cun alumnado que tamén é froito dela. E de xeito case espontáneo decidimos gravar a lectura dese fragmento que tanto lles gustou … Ler máis…

7 días nos de 7 anos

Esta semana a cativada máis pequerrecha que vén ás aulas de galego traballou moito. E ao final da clase agasalloume cun debuxo do que facían cada día da semana. Aquí tedes o nivel destes/destas artistazos/as de sete anos e que constitúen o futuro da nosa lingua.

Rosalía, multilingüe

Unha das últimas actividades do curso foi este vídeo realizado por alumnado do IE Cañada Blanch  sobre un poema de Rosalía onde empregan varias das linguas dos centro; e aínda non están todas:

Resolve os nosos revoltallos de letras

Aquí vos deixamos algúns dos revoltallos de letras realizados polo alumnado de Primaria. Agardamos que as fotos vos sexan de utilidades: Revoltallo de froitas Revoltallo de medios de transporte Revoltallo de meses Revoltallo de animais Revoltallo de roupa Revoltallo de vilas e cidades galegas Revoltallo de comidas Revoltallo de árbores Revoltallo de partes do corpo … Ler máis…

No bico…tres verbas

Unha das actividades de fin de curso foi pedirlle á cativada de Primaria que estuda galego como actividade extraescolar que nos dixera tres palabras que aprenderan este ano e que para eles/elas era significativa. O resultado, velaquí:

“Bolañeando” coa cativada londinense

Esta semana coa rapazada de Primaria estivemos achegándonos un pouquiño á figura de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Ao final acabamos “bolañeando”, isto é, divertíndonos un pouco con fragmentos da súa obra. Aquí tedes unha mostra:

Botando as sortes en Londres

Hoxe no claustro do covento de dominicas, agora IE Cañada Blanch, a rapazada de segundo ciclo de Primaria aprendeu a botar a sortes en galego antes de botar un partido co pano. E isto foi posible grazas ao traballo de recollida que se está facendo en A orella pendella.