A casa de Dickens, vista por John

Hai uns días fomos visitar a casa de Dickens; ou mellor dito, unha das casas de Dickens en Londres. Era unha actividade organizada polo departamento de inglés. Pero John aproveitou para facer unhas fotos e agasallarnos con esta presentación: O museo de charles dickens

O noso querido zoo (5ºPrimaria)

Na aula de 5º de Primaria ocorréusenos este divertimento que ten como base o conto Querido Zoo de Rod Campbell e máis o LIM do mesmo nome de Belén Junquera. Iso si, o noso querido zoo ten os animais que atopamos coas xa coñecidas voces de Andrea, Dani, Laura, Lucas, Milena, Samu, Sef e Zoe. … Ler máis…

Ao saírmos do cine, de Os Crebinski

Este 6 de outubro foi un día especial para moitos alumnos de galego do Cañada pois era a primeira vez que vían en Londres un filme en galego. E como sempre hai unha primeira vez, desta volta, foron ver Os Crebinski ao cine Lumiére. Deixámovos un vídeo do que queríamos que saíse mellor mais rifamos … Ler máis…

Concurso Literario Cañada Blanch: 1º Premio

Hoxe presentámosvos o 1º Premio do Concurso Literario Cañada Blanch en lingua galega. Merecérono estes tres poemas de C. Campos, unha rapaza de 2ºESO que, ademais, nolos recita. E. Moreda e J. Ramos, escritores galegos en Londres, xa teñen competencia. E agardamos que teñan máis. NON SEI

No Cañada, entre plantas: as de John

Traballamos e estudamos nun centro con máis plantas das que, a simple vista, pode parecer. Para que coñezades algunha delas, os de 6 de Primaria elaboraron estas dúas presentacións despois dun perocrrido fotográfico polas instalacións do Cañada Blanch de Londres. Ou de Galicia? Non perdades os comentarios técnicos. as plantas de Tamara . As plantas … Ler máis…

De Uf ao cómic

Uf, é un dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende que agora reinterpretan en forma de cómic John e Tamara de 6º de Primaria By | View this Toon at ToonDoo | Create your own Toon E o de Tamara By setemaisun | View this Toon at ToonDoo | Create your own Toon

ANAGNORISE

O libro trata dunha historia de amor peculiar. O protagonista desta historia chámase Nicolau é un rapaz mozo que sente que ten que saír da súa vila para esquecer a súa exnoiva, e o único medio que ten de sair de alí e facendo autostop. Unha muller cólleo e lévao ata Madrid, pasando por lugares como un … Ler máis…

As nosas voces: Daniel e Andrea

Daniel e Andrea teñen 9 anos e estudan cuarto de Primaria no Cañada Blanch de Londres. Tamén estudan galego. Como escribimos sempre, dádelle volume ao aparato, abride os ollos, debuxade un sorriso e permitídevos por un momento que a esperanza vos asolague. É un pracer escoitarvos, rapaces.

O hóbbit

O libro que eu escollín chámase O hobbit. Trata das aventuras de Bilbo Bulseiro, que como podedes imaxinar polo título do libro é un hobbit, ou en outras palabras un mediano, aínda que se queredes a miña opinión é máis ben un gnomo de xardín, porque os ananos (si, tamén temos ananos, magos trasgos, e … Ler máis…

Un reto e unha esperanza: Primaria (1º e 2º)

Hoxe fixemos un pequeno vídeo con algúns dos momentos que durante este primeiro trimestre protagonizaron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria: Aitor, Alan, Alejandro, Alfred, Amy, Andrea, Anisa, Diego,Gabriel, Héctor, Marina, Víctor. A todas e todos vós, feliz nadal e agardamos que a carta que lles escribistes hoxe aos reis chegue ao seu destino.

Ondas do mar de Vigo (e de Londres)

Aquí vos deixamos a cantiga de amigo máis coñecida de Martin Codax recitada por María de Primeiro de Bacharelato.E a versión en inglés realizada e recitada por Laura de Segundo de Bacharelato.Anímate e déixanos outra versión na túa lingua. Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo! Ondas … Ler máis…

Publibosquexos: probando sketchcast en Primaria

Esta tarde probamos co alumnado de 3º e 4º de Primaria as posibilidades desta aplicación. O obxectivo era que foran debuxando o corpo e identificando as súas partes. Algúns bosquexos aparecen incompletos pois o tempo para a gravación é limitado. De todas maneiras todos concluíron perfectamente a actividade malia o desigual resultado.

Cine e tribu 2.0: Tamén a chuvia

Temos unha compañeira que é unha argalleira. Leva nas súas mans e na súa cabeza un proxecto que vencella cine, educación e web 2.0 co gallo do estreno do filme de Iciar Bollíaín También la lluvia. O seu traballo podédelo ver neste blogue. A nosa contribución é moi humilde en comparación con todo o traballo que … Ler máis…

Asústate, Merche!

Asústate Merche, é unha novela escrita por Fina Casalderrey. A novela trata dunha rapaza de 15 anos chamada Auria. Auria vive unha adolescencia moi dura xa que ten que soportar a ausencia do seu pai, que abandonounas a ela e a súa nai. Por esta razón, Auria rexeita aos homes e dubida de que poida … Ler máis…

A expedición do Pacífico

Este libro é de Marilar Aleixandre. Esta novela valeulle á autora o Premio da Crítica Galega. Foi a primeira muller galardoada e tamén foi a primeira vez que unha obra de literatura xuvenil obtivo este premio. A obra vai pola sétima edición en galego e foi traducida ao castelán e ao portugués. Emilia é una … Ler máis…

O pronome persoal

Nesta ocasión Laura e María, alumnas de bacharelato do IES Cañada Blanch de Londres presentamosvos un power point sobre o pronome persoal.Pero se non vos é suficiente coa nosa información podedes consultar mais información aquí, nesten enlace ou nestoutro sitio. Podesde facer exercicios neste enlace ou nestoutro lugar. Tamén hai actividades aquí Pronome persoal from .

Pola ciencia en galego: Londres

O próximo xoves moitos dos centros de ensino en Galicia, convocados pola CGENDL, celebrarán unha xornada pola ciencia en galego coa que se pretende demostrar que a nosa lingua tamén é idónea para a transmisión do coñecemento científico. E mesmo dende Londres, dende o IE Cañada Blanch, intentaremos comunicarlle á sociedade o noso orgullo de … Ler máis…

O substantivo e o adxectivo

Deixamos un novo powerpoint do substantivo e o adxectivo. Esperemos que vos guste.Máis información nesta páxina e neste enlace Para actividades aquí, ou nestoutro sitio. E se aínda tes dúbidas proba aquí e máis neste enlace e mesmo neste Lim. E para calquera aclaración, xa sabes onde estamos… nos comentarios. Substantivo .

Tristes Armas: Marina Mayoral

Tristes Armas. Un día de outono dúas rapazas, Rosa e Harmonia saen do orfanato para coller un barco que as levará a Rusia, debido ao perigro que corrían pola Guerra Civil. No porto despedíronse do seu pai Miguel pero a nai  Carmiña non chegou a tempo. No barco ían moitos rapaces na mesma situación ca … Ler máis…

As nosas voces: Ana

Ana é natural de Espasante e xa leva tempo en Londres. Estuda 4º da ESO onde un cambio na normativa das opcionais lle impide continuar co galego e ten que facer en español a materia de “Trabajo monográfico”. Como vimos dicindo, abride as orellas, debuxade un sorriso nos beizos e pensemos que aínda hai esperanza … Ler máis…