O cine segundo Sandra Sánchez

 

Onte no Cañada o alumnado de galego asistiu á proxección da curtametraxe “A nena azul de Sandra Sánchez, e mantivo un interesante coloquio coa súa directora, a cineasta galega Sandra Sánchez.

 

Con ela asistimos a unha anécdota na vida de Sira, unha nena de 8 anos que un día lata á escola, onde se entende que sofre algún tipo de acoso ou bullying. Sira vai buscar o pai, un percebeiro furtivo, e refúxiase nunha praia deserta onde ten un encontro cunha misteriosa nena que parece ser o seu propio espello. É unha curta sobre o fin da infancia, sobre o momento no que se perde a inocencia, e un prolegómeno da longametraxe de ficción na que está a traballar actualmente, A nadadora, que ten como protagonista a esta rapaza, pero xa con 15 anos. A nena azul amósanos ademais lugares afastados e cargados de maxia de Galicia, como a praia de Camariñas ou a furna de Arteixo, a maneira de falar da Costa da Morte…

A nena azul está a ter unha recepción moi boa, e xa leva gañado varios premios á mellor curtometraxe, como o Premio Mestre Mateo, ou os de Curtocircuíto e Crea. Onte mesmo pola tarde proxectouse en Londres no marco do Galician Film Forum, con grande afluencia de público.

 

Sandra Sánchez leva dirixido e montado multitude de documentais, series e campañas publicitarias para cine e televisión. Entre as súas obras propias a máis destacada é a longametraxe Tralas luces.

‘O IE Cañada Blanch é moi singular’ (curta de animación)

O obradoiro de stop motion realizado co artista Borja Santomé levounos a preparar unha curta sobre o noso instituto, o IE Cañada Blanch de Londres, na que plasmamos as clases de galego, o noso patio, o parque para os pequenos, os rapaces facendo deporte e cantando… O alumnado de galego de 2º, 3º e 4º ESO realizou os decorados e as figuras, puxo as voces e mesmo cantou. Ademais Sahara, unha artistaza da clase de 2º, pintou o convento.

O IE Cañada Blanch é moi singular; unha escola familiar na que alumnos e profes somos moi felices e na que se respira a pluralidade e o multilingüismo. Así o quixemos amosar neste ? 25 aniversario dos estudos de galego en Londres. ?

 

Portobello, porque me peta!

E tamén quixemos facer unha curta que recollese unha especie de intervención poético-literaria no mercado do venres en Portobello. Despois de traballar na aula o famoso poema “Deitado fronte ao mar” o alumnado de 3ESO saíu a rúa para repartir uns trípticos co poema en galego e inglés e cuns datos mínimos sobre o poeta … Ler máis…