Un ano en Londres no Cañada, en galego

O tempo do alboroque é chegado. Dende setembro, que empezamos a tecer esta rede, levamos 104 entradas e máis de 10000 persoas do mundo Babel que nos visitaron. Hoxe presentamos unha humilde mostra do que, con tanto esforzo coma ilusión, fomos quen de levar a cabo. Daquela este vídeo quere ser de homenaxe e de … Ler máis…

Apadriñando libros doados por Xelis de Toro

Un dos agasallos máis fermosos a nosa biblioteca puido recibir foi unha boa morea de libros en galego da biblioteca persoal de Xelís de Toro. Trouxémolos dende Brighton onde mora e en Londres o alumnado de galego de Secundaria apadriñámolos ou amadriñámolos segundo o caso. Pareceunos unha fermosa maneira tamén de deixar a nosa pegada. … Ler máis…

Manuel Rivas, o 18 de xuño no British

O próximo 18 de xuño ás 11 da mañá na sala Stevenson Lecture Theatre do British Museum poderemos asistir a un acto no que Manuel Rivas presentará Os libros arden mal na súa versión inglesa, isto é, Books Burn Badly, dentro do programa World Literature Weekend. Para esta ocasión estará acompañado por Jonathan Dunne, traductor … Ler máis…

Galego en Londres: a memoria histórica

O pasado xoves 3 de marzo presentouse no IE Cañada Blanch a biografía deste valenciano cuxo nome leva o centro titulada Vicent Cañada Blanch (1900-1993); trátase dun exhaustivo traballo de Vicent Franch i Ferrer con prólogo de Paul Preston. Da presentación, que contou con diversas autoridades educativas e culturais, imos rescatar unhas agarimosas palabras pronunciadas … Ler máis…

Presentación libro

O próximo xoves tres de marzo a iso das 6 da tarde terá lugar en Londres a presentación do libro: Breogán’s Lighthouse an Anthology of Galician Literature, publicado por Francis Boutle Publishers. O acto terá lugar en Europe House, 32 Smith Square, London SW1P 3EU. A presentación correrá a cargo de Antonio Raúl de Toro e … Ler máis…

Dos arquivos do trasno

Dos Arquivos do Trasno é unha recopilación de contos escritos por Rafael Dieste. Esta recopilación consta de 20 contos, nos que a historia de cada un é totalmente diferente. Con todo, os personaxes, que son a peza clave para contar os contos, sempre teñen algunha característica en común. Todos os personaxes sofren a presenza da … Ler máis…

Proxecto Pomba Dourada

O libro Proxecto pomba dourada trata dun día no que Arno chega á casa e encóntrase cos corpos dos seus pais mortos. Deixáronlle unha mensaxe no ordenador: temían ser asasinados por ter descuberto unha rede de información que controla todos os ordenadores e coñece os seus traballos nun programa para desactivala. Arno ten que marchar para Fisterra e buscar … Ler máis…

Literatura Galega en inglés: dúas novas achegas

Dúas novas publicacións verquen algunhas das pasaxes máis signnificativas da literatura galega ao inglés. Por unha banda, Breogán’s Lighthouse. An anthology of Galician Literature, editada por Antonio Raúl de Toro Santos e publicada por Francis Boutle Publishers. Esta antoloxía bilingüe abrangue dende a lírica medieval ata a poesía contemporánea sen descoidar tampouco algunhas das páxinas máis … Ler máis…

Yolanda Castaño, poesía galega en Londres

O próximo domingo 7 de novembro teremos a ocasión de escoitar poesía galega e en galego na capital británica. Co gallo do Poetry International 2010 teremos a ocasión de escoitar a unha das voces máis  relevantes da poesía galega contemporánea: Yolanda Castaño. A autora de Delicia, Vivimos no ciclo das Erofanías, Edénica, O libro da … Ler máis…

Sensacións

Unha compañeira creou un blogue a propósito do Día Europeo das Linguas 2010 e pediume que redactara as miñas sensacións tocante a esta aventura de ensinar galego en Londres. Amais no devandito blogue, tamén volas deixo aquí: Chus Pato, punto de referencia na escrita galega contemporánea, sinala sen arroubo a Londres como a capital de … Ler máis…