Cine e accesibilidade, en galego, en Londres

Mañá estará co alumnado de 3ESO o profesor e investigador vigués da universidade de Roehampton Pablo Romero-Fresco. Especialista en subtitulaxe e refalado (subtitulaxe en directo de contidos audiovisuais), leva anos investigando en como facer accesible a discapacitades sensoriales, sobre todo cegos e xordos, o cine, o teatro e outros actos culturais. E froito disto tamén … Ler máis…

Davide Bou: groove galego en Londres

E mañá 5 de novembro seguiremos con música pola tarde. Neste caso o coruñés David Boutureira, DJ e produtor musical instalado na capital do Támesis estará co alumnado de 2ºESO. Actualmente adicado ao house, deep e tech house amosaranos o seu traballo, partillará connosco as súas experiencias musicais e seguro que aprendemos moito da música … Ler máis…

Escenografía galega en Londres, en galego

E mañá falaremos de artes escénicas pero dende unhas perspectiva quizais pouco coñecida: a parte escenográfica. Para isto acompañaranos Ana Inés Jabares que realizou os seus estudos na Central School of Speech and Drama de Londres. Daquela estamos ante unha excelente oportunidade para saber algo máis sobre o unha parte moi importante das artes escénicas. … Ler máis…

Amores prohibidos 2.0 con María Yáñez

Mañá estará connosco a creadora multimedia María Yáñez para falarnos sobre o proxecto Amores prohibidos 2.0, que durante o pasado curso desenvolveu co IES A Cachada de Boiro. Entón puidemos seguir polas redes sociais os aconteceres de Romero e Xiana,  un Romeo e unha Xulieta pero nun Boiro do 2012 co importante conflito lingüístico de … Ler máis…

No Cancer Research UK, en galego

A primavera comezou en Londres con moita actividade. O xoves 22 recibiremos a dous relevantes científicos galegos que están investigando no Cancer Research UK (London Research Institut) sobre esta enfermidade. Lola Vázque Novelle, con estudos en Farmacia na USC, e Miguel González Blanco, de Bioloxía da mesma universidade, poñerannos ao día das últimas novidades neste … Ler máis…

Novo cinema galego en Londres

Recibiremos a primavera en Londres falando de cine. Neste caso, o alumnado de 3ESO contará coa presenza de Xosé Manuel Sande. Historiador de cine e membro da Asociación Española de Historiadores del Cine, colaborou como articulista e coautor en libros colectivos como “El cine de Gonzalo Suárez” (2003), “Juan Antonio Bardem. El cine a codazos” (2004), “La … Ler máis…

Sobre o noso urbanismo, en Londres e en galego

O vindeiro venres 15 de xuño recibiremos ao arquitecto Diego García Mejuto que, nestes momentos, está rematando a súa tese de doutoramento na University College London. Para esta ocasión ofreceralle unha charla ao alumnado enfocada no tanto que unha introducción a Galicia coma territorio: as súas características, áreas urbanas e rurais, problemas (coma o do … Ler máis…

Desenvolvendo fármacos en Londres, en galego

Mañá 29 de maio (e dentro da Semana da Ciencia do programa Comenius) agardamos a visita dunha investigadora galega en Londres: Isabel Pérez Castro. Despois de estudar Química en Ourense e Compostela, onde se doutorou en química orgánica, pasou unha temporada en Cambridge traballando na síntese e deseño de compostos químicos que puidesen tratar a … Ler máis…

 photo foto_Xos_Miguelez.jpg

Jazz galego en Londres: Xosé Miguélez

Os amantes do jazz temos nos próximos días en Londres unha estupenda oportunidade de desfrutar cun dos mellores músicos da escena galega: o saxo tenor Xosé Miguélez. Formado entre Galicia e portugal acabou facendo un máster na Guildhall School desta cidade á que agora, despois de moitos concertos, horas de ensino  e de tocar con … Ler máis…

Dende o Imperial College, a enerxía da biomasa con B. Fidalgo, en galego

Mañá estará connosco Beatriz Fidalgo, investigadora no Imperial College de Londres, para falarnos dunha enerxía renovable: a biomasa. Beatriz Fidalgo realizou estudos de enxeñería química na Universidade de Santiago de Compostela e o doutoramento en Oviedo nun instituto do CSIC. Na actualidade realiza o seu postdoutoramento no Imperial College de Londres no departamento de Enxeñería … Ler máis…

Shelar: hip hop dende UK

Mañá 15 de marzo, o compostelán Shelar presentaranos o seu último traballo Cornershop producido por Sheng e El Puto Cheng e no que conta coa colaboración de Delajoha. E a masterización correu a cargo do afamado Streaky Gee. Sen dúbida, estamos ante unha das voces máis interesantes do hip hop que, despois da súa infancia … Ler máis…

Enxeñería biomédica en Londres, en galego

O vindeiro luns 5 de marzo visitaranos C. Alberto Figueroa, profesor e investigador coruñés do Biomedical Engineering Department Imaging Sciences & Biomedical Engineering Division do King´s College de Londres. Falaranos dos retos e das oportunidades de mellorar a nosa saúde grazas aos avances da enxeñería. Sen dúbida, unha oportunidade excelente para achegarnos aos avances tecnolóxicos … Ler máis…

Unha de romanos

Mañá 3 de febreiro o alumnado de galego de 1º e 2º ESO de galego do IE Cañada Blanch de Londres, terá unha conferencia titulada “A herdanza romana en Galicia” impartido polo profesor J. A. Puentes Romay, do departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. De seguro que que nos falará … Ler máis…

Os efectos especiais no cine e na publicidade

Mañá venres 26 de xaneiro visitaranos un rianxeiro: Tonio Figueira Losada. Despois de varios anos traballando con prestixiosos arquitectos en infografía e na visualización da súa obra en 3D, é un dos galegos recentemente instalados na capital londiniense onde aspira a seguir traballando en postprodución e 3D/VFX terreo no que é especialista. Para esta ocasión … Ler máis…

Sobre xornalismo deportivo en Londres, en galego

O vindeiro luns ás 12 teremos a oportunidade de escoitar a Lucía Mariño falar sobre xornalismo deportivo. Esta licenciada en Comunicación audiovisual  que está a realizar un máster na capital londiniense seguro que nos achega moitas experiencias e anécdotas profesionais tras cubrir a información relativa ao Deportivo de A Coruña e traballar para, Riazor.org, La … Ler máis…

En Londres cunha guitarra ao lombo, en galego

Mañá xoves19 de xaneiro teremos o alumnado de primeiro e segundo da ESO de galego do IE Cañada Blanch de Londres, terá unha clase moi especial e musical. Estará connosco Edgar Cabaleiro, un viveirense afincado en Londres onde traballa como profesor de música, especialista en guitarra. Con ela recorreremos países, estilos e ritmos musicais, dende … Ler máis…