A situación actual dos medios de comunicación galegos, dende Londres con Iago Martínez

E neste vertixinoso outono que levamos, o próximo luns será Iago Martínez (El País, Rockdelux, Mondosonoro, Xornal de Galicia, …) quen nos acompañe para falar da situación actual dos medios de comunicación en Galicia. Neste caso, será aproveitando a súa estadía en Oxford onde pola tarde tamén intervirá na universidade ao respecto do mesmo tema. … Ler máis…

Revisitando a Rosalía e Celso Emilio en Londres con R. Cacho Casal

O próximo venres 25 de novembro estará connosco Rodrigo Cacho Casal, profesor e especialista en Literatura española do Departamento de español e portugués do Clare College da Universidade Cambridge. Mais nesta ocasión, este investigador quevediano, deleitaranos coa lectura e comentario dalgúns poemas de Rosalía de Castro e de Celso Emilio. Sen dúbida, unha excepcional ocasión … Ler máis…

Linguaxe web en Londres, en galego

Mañá 17 de novembro teremos a ocasión de compartir unha hora con Raimundo Vázquez a propósito do deseño de páxinas webs e da súa importancia para a venda on line. Amais, este profesional do ámbito, instalado en Londres dende hai uns anos, poñeranos a todos a traballar nun proxecto real. Sen dúbida, semella moi interesante … Ler máis…

A moda en Londres, en galego

Mañá estará connosco Gala González, ex-alumna do IE Cañada Blanch. Esta coruñesa afincada en Londres, onde estudou Deseño, amais de deseñar para Adolfo Domínguez, é toda unha referencia nos blogues sobre moda e tendencias. O seu blogue Amlul é un dos mellor considerados internacionalmente segundo a revista Vogue. Mañá falará co alumnado de Bacharelato sobre … Ler máis…

A Idade Media galega en Londres, en galego

Xa advertiamos que esta semana viña cargada. Mañá xoves 9 de novembro o alumnado de galego de 1º e 2º ESO disfrutará dun encontro co profesor de Historia medieval da Universidade de Santiago, X. M. Andrade baixo o título “A vida cotiá nos mosteiros medievais de Galicia”. Unha oportunidade máis para achegarse á nosa historia … Ler máis…

Graciela, cantando no Cañada, en galego

Hoxe estivo connosco Graciela, unha cantante galega cunha longa traxectoria académica e profesional no eido da música, como dixemos no post anterior. Por exemplo, formou parte dunha das primeira xiras de Björk. Eli e Álex foron os responsables desta pequena entrevista: Na actualidade, é voz solista en varios proxectos en Londres mais está ultimamente de … Ler máis…

II Día da Ciencia en galego, en Londres

Co gallo da celebración do II Día da Ciencia en galego, dende Londres queremos tamén sumarnos a esta iniciativa. Daquela contaremos coa presenza de Gonzalo Pais, físico da USC que nos presentará a figura sobranceira de Madame Curie, notable física e química merecente do Premio Nobel. Boa oportunidade, sen dúbida, para coñecer un pouco máis … Ler máis…

Cobaias para o “laboratoro” de Xelís

Un dos múltiples proxectos nos que Xelís de Toro, dende Brighton, anda embarcado é The book of invisible bridges / O libro das pontes invisibles (libro e DVD). Neste volume multimedia, que aparecerá en maio, haberá dous textos colaborativos. Un deles sairá dun obradoiro literario ou da súa particular Poetry surgery que se celebrará o … Ler máis…

A arte contemporánea en Londres, en galego

O próximo luns 10 de outubro ás 12 da mañá recibiremos a Elena Bangueses Buceta, retail manager dunha das galerías de arte contemporánea máis impresionantes e de maior influencia no mundo, a Saatchi Gallery. Aberta no 1985 sempre foi un punto de referencia na arte contemporánea. E tamén de controversia. De todo isto, E. Bangueses … Ler máis…

Concerto didáctico: novas maneiras para ritmos vellos

Comezamos o ciclo de actividades para o curso 2011-2012 cun concerto didáctico. Nesta ocasión estaremos acompañados por Manuel Ada Castro. Este músico, natural de Ourense é un xoven músico-compositor que experimenta coa fusión de sons para gaita galega tanto tradicionais como contemporáneos e a adaptación dos diversos estilos musicais de diferentes lugares do mundo. Amais, … Ler máis…

Xesús Fraga, en Londres: a entrevista

Grazas a fructífera colaboración co Centro de Estudos Galegos de Oxford e ao labor entusiasta de Laura, mañá poderá estar connosco Xesús Fraga, escritor galego nado na emigración británica, autor da coñecida A-Z. Daquela mañá teremos un plan perfecto…

Diego Ameixeiras, connosco en Londres

Mañá xoves 9 de xuño recibimos a Diego Ameixeiras. Despois de estar co estudantado galego de Oxford vai atreverse a ser sometido a un intenso interrogatorio polo alumnado do Cañada, tal que fosen Horacio Dopico.Ademais de xornalista e guionista de varias series da TVG, é un recoñecido escritor por obras como Tres segundos de memoria … Ler máis…

A. M. Isla, cirurxián en Londres, en galego

Mañá 25 de maio e como de costume ás 12 da mañá, visitaranos un profesional galego que leva anos exercendo a súa actividade en Londres. Neste caso, trátase do prestixioso doutor Isla cun amplísimo currículo profesional na capital londiniense, sobre todo, en temas relativos ao aparato dixestivo. Seguro que terá moitas cousas que nos contar … Ler máis…

Inma Gil, xornalista da BBC, en galego

Mañá 19 de maio ás 12 da mañá recibiremos a visita de Inma Gil Rosendo, xornalista galega que leva traballando na BBC dende o 2004.Tras teren feito numerosas reportaxes para a devandita canle ou ser correspondente en México, na actualidade é “senior video producer”, e está a cargo editorial dos videos que se publican na … Ler máis…

Outra de economía: o papel das caixas no exterior

Mañá 5 de maio ás 12 teremos unha conferencia máis de economía. Neste caso será a directora de Novacaixagalicia de Londres quen nos presentará unha exposición titulada “As caixas no estranxeiro”. De seguro que saberemos máis das súas funcións, da súa historia e dos proxectos deste tipo de institucións en cidades como Londres. Queremos asemade … Ler máis…

Matemáticas en Londres, en galego

O próximo xoves 31 de febreiro estaremos acompañados por Olalla Castro. Natural de Novelín, lugar de O Incio, leva xa algúns anos instalada na capital do Támesis, ensinando Matemáticas na City University. E chegou aquí despois de pasar longas temporadas investigando en Física de Partículas en cidades como Lyon ou Berlín. Da súa experiencia vital … Ler máis…

Deseñando telefonía en Londres: a entrevista

Estamos a converter nun costume que cada xoves pase polo Cañada un/unha profesional galego/a instalado/a en Londres ou polos arredores. Estase a converter nun agradable e emocionante costume que todos e todas compartan connosco co mesmo entusiasmo moitos dos seus coñecementos e experiencias. Moito aprendemos delas e deles. E hoxe moito aprendemos de Iván Mato, … Ler máis…

Dende a Bodleian Library, en galego: a entrevista

Hoxe tivemos a fortuna de estarmos acompañados por Ernesto Gómez, apaixonado bibliotecario da Bodleian Library de Oxford. Grazas a súa amabilidade, tivemos acceso a moita información e anécdotas de primeira man. Soubemos dos milleiros de libros que alí se almacenan, acompañamos a F. Drake pola costa galega e descubrimos que unha das súas xoias bibliográficas desta famosa biblioteca é … Ler máis…

Dende a Bodleian Library, en galego

O próximo xoves 10 de marzo ás 12 da mañá teremos a sorte e o luxo de contar na nosa aula de lingua e cultura galega con Ernesto Gómez. Este coruñés, afincado en Oxford, traballa como bibliotecario dunha das bibliotecas máis prestixiosas do mundo, a Bodleian Library de Oxford. O acto levará como título O figo do … Ler máis…

Facer cine con Adriana Páramo

Mañá 3 de febreiro acolleremos no IE Vicente Cañada Blanch un obradoiro cinematográfico realizado por Adriana Páramo Pérez. Instalada na actualidade en Londres, é licenciada en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster en Dirección de Cine na London Film School. Entre as súas obras destaca Illa Pedra, presentada no último Festival de Cine de Ourense. … Ler máis…

E esta semana, unha de economía!

Este próximo xoves 27 de xaneiro temos un novo convidado: Antonio Rodríguez Sampayo. É profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Falaranos sobre se realmente son necesarias medidas tan drásticas para saírmos da crise. Daquela todo o mundo atento. E agora a mini entrevista. Iso si. Imos desculpar … Ler máis…

As nosas voces: Dani (un ex)

Hoxe tivemos a sorte de que nos visitara Dani, un mozo galego, nacido en Londres, que hai un par de anos estaba estudando galego no Cañada e hoxe estuda Empresariais na Universidade de Brighton. Para esta entrevista, a cámara é Cris(entre Ameixenda e Cuntis anda a cousa) e a xornalista Eli, unha rapaza de pai … Ler máis…

Eva Moreda: escribindo o Londres galego.

O próximo xoves 16 de decembro ás 12 do mediodía  estará connosco Eva Moreda, escritora galega afincada en Londres, onde exerce de docente na Open University. Autora de varias obras como O demo e o profundo mar azul, O país das bestas, Singularis Domitilla ou Veas verdes e catro contos máis, nesta ocasión presentaranos A veiga é … Ler máis…

Historias da represión franquista en Galicia

Mañá 8 de decembro ás 12 do mediodía, Antonio Míguez, historiador da Universidade de Santiago de Compostela e mais do Cañada Blanch Centre for Contemporany Spanish Studies ofreceralle ao alumnado de galego do Cañada, e a quen se achegue, contaranos historias da represión que sufriron moitos galegos anónimos durante o franquismo. E agora as imaxes … Ler máis…

O Día da Ciencia en Londres

En Londres, no IE Cañada Blanch tamén celebramos o pasado 4 de novembro o Día da Ciencia en galego. E tivemos a fortuna de contar co lugués Uxío Seijas, un xenetista molecular que leva máis de dez anos traballando en hospitais de Londres e que nos contou unha chea de cousas interesantes sobre o seu … Ler máis…

Unha liña pola lingua: Oxford-London

Hoxe, 13 de outubro, o alumnado de lingua galega do IE Cañada Blanch tivo ocasión de compartir unha animada charla coa profesora de galego de Oxford. Laura Sáez presentou ademais os estudos de galego nesta universidade así coma o proxecto de actividades que vai realizar e no que estamos invitados a participar. Haberá que estar … Ler máis…

Ramón Chao, connosco

Mañá luns 4 de outubro o escritor galego, afincando en París, Ramón Chao presentará o seu libro The train of Ice and Fire no Southbank Centre de Londres. E aproveitando a ocasión pasará antes, ás 14h30, polo IE Cañada Blanch para estar co alumnado de galego. Desta volta manterá unha charla informal co alumnado ao … Ler máis…