As nosas voces: Dani (un ex)

Hoxe tivemos a sorte de que nos visitara Dani, un mozo galego, nacido en Londres, que hai un par de anos estaba estudando galego no Cañada e hoxe estuda Empresariais na Universidade de Brighton. Para esta entrevista, a cámara é Cris(entre Ameixenda e Cuntis anda a cousa) e a xornalista Eli, unha rapaza de pai … Ler máis…

Eva Moreda: escribindo o Londres galego.

O próximo xoves 16 de decembro ás 12 do mediodía  estará connosco Eva Moreda, escritora galega afincada en Londres, onde exerce de docente na Open University. Autora de varias obras como O demo e o profundo mar azul, O país das bestas, Singularis Domitilla ou Veas verdes e catro contos máis, nesta ocasión presentaranos A veiga é … Ler máis…

Historias da represión franquista en Galicia

Mañá 8 de decembro ás 12 do mediodía, Antonio Míguez, historiador da Universidade de Santiago de Compostela e mais do Cañada Blanch Centre for Contemporany Spanish Studies ofreceralle ao alumnado de galego do Cañada, e a quen se achegue, contaranos historias da represión que sufriron moitos galegos anónimos durante o franquismo. E agora as imaxes … Ler máis…

O Día da Ciencia en Londres

En Londres, no IE Cañada Blanch tamén celebramos o pasado 4 de novembro o Día da Ciencia en galego. E tivemos a fortuna de contar co lugués Uxío Seijas, un xenetista molecular que leva máis de dez anos traballando en hospitais de Londres e que nos contou unha chea de cousas interesantes sobre o seu … Ler máis…

Unha liña pola lingua: Oxford-London

Hoxe, 13 de outubro, o alumnado de lingua galega do IE Cañada Blanch tivo ocasión de compartir unha animada charla coa profesora de galego de Oxford. Laura Sáez presentou ademais os estudos de galego nesta universidade así coma o proxecto de actividades que vai realizar e no que estamos invitados a participar. Haberá que estar … Ler máis…

Ramón Chao, connosco

Mañá luns 4 de outubro o escritor galego, afincando en París, Ramón Chao presentará o seu libro The train of Ice and Fire no Southbank Centre de Londres. E aproveitando a ocasión pasará antes, ás 14h30, polo IE Cañada Blanch para estar co alumnado de galego. Desta volta manterá unha charla informal co alumnado ao … Ler máis…