Saúdo do alumnado das Revoltas de Cabana

A finais do curso pasado os alumnos de Primaria do Cañada que estudan galego como actividade extraescolar, participaron e foron pioneiros nun fermoso proxecto, o Transporte dos desexos: puxemos os nosos mellores desexos sobre un corazón, medusa, pomba… (mirade aquí) e mandámosllelos a nenos enfermos con longos ingresos hospitalarios (mirade aquí), que os recibiron con emoción, como constatou a prensa (21Noticias.com; Crónicas de la emigración).

Agora a súa impulsora, a escritora Alejandra Plaza, vén de recompilar un álbum deste proxecto e foino presentar a Cabana de Bergantiños. Desde alí o alumnado do CPI As Revoltas, pioneiros a canda nós desta iniciativa, mándannos voando un saúdo a Londres. E nós querémolos saudar tamén desde aquí. Bicos a moreas desde Londres, amigos ?????

Aquí tedes o álbum completo.

Un 12 outubro diverso e plural no Cañada




Como cada ano, no Cañada celebramos a festa do 12 de outubro e aproveitamos para que o alumnado teña un coñecemento máis amplo de España. Este ano foi unha homenaxe á diversidade. O alumnado participou en múltiples actividades, e igual bailou un bolero mallorquín ca unha muiñeira. Velaquí unha mostra do obradoiro para o alumnado da ESO que lle deu Suso na carpa do patio. Agora xa saben facer un punto, un paseo e unha roda.