Un 12 outubro diverso e plural no Cañada




Como cada ano, no Cañada celebramos a festa do 12 de outubro e aproveitamos para que o alumnado teña un coñecemento máis amplo de España. Este ano foi unha homenaxe á diversidade. O alumnado participou en múltiples actividades, e igual bailou un bolero mallorquín ca unha muiñeira. Velaquí unha mostra do obradoiro para o alumnado da ESO que lle deu Suso na carpa do patio. Agora xa saben facer un punto, un paseo e unha roda.

O transporte dos desexos, na prensa

O proxecto “Transporte dos desexos”, impulsado pola xornalista Alejandra Plaza, está a ter repercusión tamén na prensa.

Pero sobre todo, para os rapaces de Primaria de Galego o máis fermoso foi saber que os nenos dos hospitais recibiron os nosos corazóns e desexos con tanta emoción ❤️