Sés: destrozando o xenio en Londres

Mañá o alumnado de 3º e 4º ESO poderá desfrutar dunha das artistas máis interesantes do panorama musical galego contemporáneo: María Xosé Silvar aka Sés. Mais non só o alumnado do IE Cañada Blanch senón toda a comunidade galega en Londres pois hoxe luns actuará ás 20h30 no Trangallán e mañá martes ás 19h30 na … Ler máis…

A ópera tamén, en galego, en Londres.

Mañá pecharemos as actividades deste trimestre cunha actividade moi especial: un concerto didáctico da soprano londoner de Oleiros, Lorena Paz Nieto da Guildhall School; estará acompañada ao piano, neste caso por un de Culleredo, Federico Mosquera. Escoitaremos a Lorena interpretrar obras de Villa-Lobos, Wolf ou Donizetti. Dende logo todo un luxo que podedes comprobar nesta … Ler máis…

Gestido: dende a Royal Opera ás aulas do Cañada

Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a Cristina Gestido, violista da Royal Opera House traballo que comparte coa súa afección por outros estilos musicais como podedes ver neste enlace. Hoxe amosounos o polifacética que é como poderedes comprobar neste vídeo que elaboramos despois da súa actuación.