Viaxe da lingua
Viaxe da lingua 2019
Un ano máis o alumnado de galego do IE Cañada Blanch de Londres viaxou a Galicia para coñecela de preto e en primeira persoa. Velaquí o noso videorresumo: este ano aprendemos moito da nosa cultura tradicional e moderna e visitamos lugares emblemáticos como o pórtico da Gloria da catedral de Santiago, a praia das Catedrais, a muralla romana de Lugo, a casa-museo Rosalía de Castro, o museo etnográfico A Casa do Patrón, a Domus da Coruña ou as termas de Outariz. Ademais, gozamos do noso baloncesto vendo xogar ao Obradoiro de Santiago, visitamos o concello de Lalín onde conversamos co alcalde e debatemos no seu salón de plenos, e fixemos moi bos amigos no IES Laxeiro, onde nos acolleron tan ben que nunca poderemos esquecer Lalín.
A nosa viaxe na prensa, na radio e na tele
Un ano máis a viaxe a Galicia de 44 alumnos procedentes de Londres que estudan e falan galego xerou grande expectación nos medios de comunicación.
Velaquí a nosa aparición no Telexornal Serán da Televisión de Galicia:
- ? (TV) Un grupo de estudantes dun instituto londinense que aprende galego visita estes días Galicia. Telexornal Serán. Televisión de Galicia (9/05/2018)
Ou a entrevista que nos fixo Belén Regueira para o programa ‘Un país mundial’ da Radio Galega:
- ? Un país mundial entrevista o alumnado de Galego en Londres: “Nacín en Londres pero en Galicia síntome na casa”, Radio Galega (13/05/2018)
Ou a nosa aparición na prensa escrita:
- 44 estudiantes londinenses llegan a Santiago para perfeccionar su gallego (aquí en pdf). Diario La Región (11/05/2018)
- La entidad Perfecto Sande Braña guiará a alumnos londinenses en un recorrido por la comarca. La Voz de Galicia (11/05/2018)
Os premios da Viaxe #riquiño #galifornia #xincana #simpatía
Viaxe da lingua 2017 – Día 4
Día 4
E onte chegou o último día da nosa viaxe. Un ano máis, recibíronnos con moito agarimo na Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia onde Valentín García Gómez lles falou aos rapaces do orgullo que supón para todos os galegos que eles manteñan viva ou aprendan a nosa lingua en Londres.
Xa con tempo por diante para percorrer Santiago, fixemos unha xincana na que
Viaxe da lingua 2017 – Día 3
Día 3
Hoxe visitamos a Illa de Arousa e fixemos a actividade máis agardada da semana, kayak. Pero amais de darlle ao remo, mollar aos compañeiros e mergullarnos nas augas da ría, puidemos ver de preto unha praia marisqueira, unha batea repletiña de mexillóns e un muíño de mar.
O día tamén deu para irmos á lonxa e presenciar a poxa do marisco que traian ben fresquiño as
Viaxe da lingua 2017 – Día 2
Día 2
Foi unha xornada completa e feliz de convivencia coa rapazada do IES Felix Muriel de Rianxo, que nos recibiu no seu centro e nos amosou os encantos da súa vila, das súas praias e da illa de Arousa. Xogamos a xogos populares e cantamos a Rianxeira ao ritmo do saxo de Bernal e Ricardo. Tamén puidemos aprender moito sobre a importancia da ría como motor económico, sobre a pesca ao xeito, as conservas da sardiña ou as bateas no museo do Mar. E o mellor, navegamos nun catamarán
Viaxe da lingua 2017 – Día 1
Un ano máis a área de galego remata o curso coa actividade máis agardada do ano, a Viaxe a Galicia. Este ano serán catro días de aprendizaxe e emocións, nos que percorreremos boa parte de Galicia. Comezamos contándovos como foi o…
Día 1
Espectacular o sol que nos recibiu na Coruña.
Alí fixemos unha interesante visita á Real Academia Galega e á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Tamén paseamos pola Cidade Vella, onde vimos
Viaxe da lingua 2016
- El “Viaxe da Lingua”, el idioma para ir desde Londres a Galicia. El Ideal Gallego (07/05/2016).
- Alumnos de un instituto de Londres visitan la Casa dos Poetas y la villa de San Rosendo. La Voz de Galicia (07/05/2016).
- Alumnos del Instituto Cañada Blanch de Londres visitan la Fundación Curros Enríquez en Celanova. Galicia en el Mundo (07/05/16).
- Alumnos do Cañada Blanch de Londres visitan a Fundación Curros Enríquez. O Sil (07/05/2016).
- Encuentro con alumn@s del instituto Español Cañada Blanch (Londres). Fundación Paideia (05/0572016).
- Dieciocho alumnos de gallego de un instituto español en Londres visitan Galicia. La Región Exterior (05/05/2016).
- 18 alumnos de gallego del Instituto Español Cañada Blanch de Londres visitan Galicia del 3 al 8 de mayo. España Exterior (04/05/2016).
- La Xunta da la bienvenida a un grupo de alumnos de gallego del instituto londinense Vicente Cañada Blanch. Galicia en el Mundo (04/05/2016).
- A Xunta de Galicia dálle a benvida ao alumnado de galego do instituto londinense Vicente Cañada Blanch. Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística e Secretaría Xeral da Emigración (03/05/2016).
A viaxe da lingua 2015: 13-17 de maio.
Este mércores 13 de maio comezaremos a nosa xa tradicional “Viaxe da Lingua” que, un ano máis, nos levará de Londres a Galicia. Este ano o grupo acada xa o número de 25 rapazas e rapaces. E a ver que vos parece o itinerario que preparamos: Lorbé, O Castro, Betanzos, Compostela, Vigo e as Illas … Ler máis…
A viaxe da lingua 2014
Entre os días 14 e 18 de maio de 2014 fixemos a viaxe de estudos a Galicia. Fomos 19 en total e amais de Compostela, andamos por Pontevedra, Santa Tegra, Combarro, A Costa da Morte ou Coruña. Días moi felices, sen dúbida. No vídeo tedes un breve resumo.
A viaxe a Galicia: vídeo-resumo
Hoxe deixámosvos un vídeo-resumo da viaxe realizada a Galicia con parte do alumnado de galego do Cañada Blanch de Londres entre o 11 e o 14 de maio. Compostela, Carboeiro, Pontevedra, Combarro e o Salnés foron algúns dos lugares visitados.