Viaxe da lingua 2017 – Día 1

Un ano máis a área de galego remata o curso coa actividade máis agardada do ano, a Viaxe a Galicia. Este ano serán catro días de aprendizaxe e emocións, nos que percorreremos boa parte de Galicia. Comezamos contándovos como foi o…

Día 1

Espectacular o sol que nos recibiu na Coruña.

Alí fixemos unha interesante visita á Real Academia Galega e á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Tamén paseamos pola Cidade Vella, onde vimos

Ler máis…

Viaxe da lingua 2016

Xa estamos de regreso da “Viaxe da Lingua”, que nos levou aos alumnos de galego do IE Cañada Blanch de Londres un ano máis ata Galicia. A semana foi completa, chea de actividades culturais e de lecer. Fixemos un cacho do camiño de Santiago con outros alumnos do CPI Camiño de Santiago de Arca, coñecemos os rapaces do obradoiro para o emprego da Fundación Paideia, visitamos a ría de Arousa, as dunas de Corrubedo e o castro de Baroña, vimos como funciona o órgano do Mosteiro de San Salvador de Celanova, onde nos recibiu o mesmísimo alcalde e nos guiou toda a mañá Paula Conde, da Fundación Curros Enríquez, paseamos baixo os arcos da praia das Catedrais e sobre a muralla de Lugo, e achegámonos ao poeta homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas visitando a Casa Museo Manuel María. Por non falarmos das festas da Ascensión, dos baños nas termas de Outariz, da cita co baloncesto no partido do Obradoiro -onde ata nos saudaron por megafonía- ou dos nosos propios partidos de fútbol e baloncesto no parque de Bonaval e nas canchas de La Salle.
Esta viaxe contou coa colaboración de varias institucións e empresas que están fondamente comprometidas co proxecto Galego en Londres, algunhas desde Galicia e outras desde a comunidade galega de Londres. Grazas de corazón polo seu apoio á Secretaría Xeral de Política Lingüística, á Secretaría Xeral de Emigración, á Fundación Paideia, a Gadis, á Galicia Laundry, ao Restaurante La Bodega e ao Restaurante Galicia de Portobello, e a Vojo. Sen vós esta viaxe non sería posible.
Deixámosvos co vídeo da nosa excursión.
E aquí a cobertura na prensa do noso periplo:

A viaxe da lingua 2015: 13-17 de maio.

Este mércores 13 de maio comezaremos a nosa xa tradicional “Viaxe da Lingua” que, un ano máis, nos levará de Londres a Galicia. Este ano o grupo acada xa o número de 25 rapazas e rapaces. E a ver que vos parece o itinerario que preparamos: Lorbé, O Castro, Betanzos, Compostela, Vigo e as Illas … Ler máis…