O ‘Centro de Estudios de la Emigración Castellana y Leonesa’ interésase por Galego en Londres

O Centro de Estudios de la Emigración Castellana y Leonesa, na súa viaxe de traballo a Londres no marco do seu proxecto de investigación “Las asociaciones en la emigración exterior española: del mutualismo a las comunidades transnacionales y virtuales“, interesouse polo papel de Galego en Londres na valorización e cohesión da nova diáspora. Por suposto, durante a charla falamos dos mecanismos tradicionais de asociacionismo galego e, en contraposición, das numerosas iniciativas que ilustran as novas formas de reunión e asociación na modernidade e do papel que xogan nelas as redes sociais.

Foi un pracer atender a Juan Andrés Blanco -profesor catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Salamanca e director do Centro de Estudios de la Emigración Castellana y Leonesa, con sede naUN ED de Zamora-,  a Arsenio Dacosta -profesor de Antropoloxía Social na Universidade de Salamanca- e a Rubén Sánchez -investigador deste Centro de Estudos.

Sabemos que teñen unha apertada axenda estes días en Londres, con encontros que sen dúbida serán ilustrativos e darán unha imaxe complexa da situación diaspórica nesta cidade, e agardamos con interese os resultados da súa investigación.

 

 

Deixa un comentario

*