Lucía emociónanos cantando “Chove en Santiago”

Lucía Luque, alumna de galego de 4º ESO, interpreta a capella “Chove en Santiago”, a versión musical de Luar na Lubre do poema “Madrigal á cibdá de Santiago” de Federico García Lorca, un dos seus seis poemas galegos. Bieito Romero quedou abraiado co talento de Lucía. E todos os asistentes tamén. 💕

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ó sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Deixa un comentario

*