Ciclo de cine Mestre Mateo

O novo Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior é unha programación estable de cinema da Xunta de Galicia que incluirá na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual, dando así proxección internacional á cultura e lingua galegas. As proxeccións empezarán despois da gala dos Premios Mestre Mateo, que celebran o seu XX aniversario, e que terá lugar o vindeiro 19 de marzo. Visualizaranse dende marzo a decembro oito dos filmes finalistas nas diferentes categorías, tanto de longametraxe como de documental.

O Centro Galego de Londres, en colaboración co IE Cañada Blanch, son os colaboradores en Londres para estas proxeccións.

As proxeccións serán no Salón de Actos do IE Cañada Blanch.

Marzo 2022, sábado 26
Abril 2022, sábado 23
Maio 2022, sábado 21
Xuño 2022, sábado 25
Setembro 2022, sábado 17
Outubro 2022, sábado 22
Novembro 2022, sábado 19
Decembro 2022, sábado 3

Deixa un comentario

*