Cine e accesibilidade, en galego, en Londres

Mañá estará co alumnado de 3ESO o profesor e investigador vigués da universidade de Roehampton Pablo Romero-Fresco. Especialista en subtitulaxe e refalado (subtitulaxe en directo de contidos audiovisuais), leva anos investigando en como facer accesible a discapacitades sensoriales, sobre todo cegos e xordos, o cine, o teatro e outros actos culturais. E froito disto tamén se estreou como director de cine. A súa primeira curta, Joining the dots foi programada no último festival de Venecia. Daquela estamos ante unha persoa da que unha vez máis imos aprender moito. Para quen non poida asistir, recomendamos ler este artigo sobre este profesor nun xornal galego.

E agora a microentrevista de Sylvia:

2 comentarios en “Cine e accesibilidade, en galego, en Londres”

Deixa un comentario

*