Cine e tribu 2.0: Tamén a chuvia

Temos unha compañeira que é unha argalleira. Leva nas súas mans e na súa cabeza un proxecto que vencella cine, educación e web 2.0 co gallo do estreno do filme de Iciar Bollíaín También la lluvia. O seu traballo podédelo ver neste blogue. A nosa contribución é moi humilde en comparación con todo o traballo que ela está realizando. Cos seus ex-alumnos (agora estudantes de galego en Londres de 5º e 6º de Primaria) estivemos ensaiando as posibilidades de subtitular vídeos e ocorréusenos poñerlle a lenda en galego ao tráiler do filme. Ao mesmo tempo gustaríanos ter a posibilidade de ver este filme en galego pois non só participa nel un dos nosos mellores actores como é Luís Tosar senón que tamén unha das produtoras á a coruñesa Vaca Films e amais colabora a Consellaría de Cultura. (Para escoller a lingua dos subtítulos premede a opción choose language que aparece no fondo esquerda do vídeo)

Deixa un comentario

*