Cine en galego no vindeiro London Spanish Film Festival

O outono londiniense ten cada ano unha cita co London Spanish Film Festival que terá lugar entre o 26 de setembro e o 6 de outubroEste ano teremos a sorte de poder ver no seu programa dous filmes galegos, Os Crebinsky (Premio ao mellor guión novel e o premio “Signis” no Festival de Málaga) de Enrique Otero o martes 29 de setembro e o xoves 6 de outubro. E ademais Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe (premiado en diversos festivais, entre eles, co FIPRESCI award en Cannes) luns 3 de outubro e o mércores 5 de outubro. A programación completa cos horarios aquí. Daquela animamos a non perder estas dúas importantes mostras da cinematografía galega máis recente.
Un adianto:


 

Deixa un comentario

*