Cine galego no outono londiniense

Un ano máis terá lugar nas beiras do Támesis o London Spanish Film Festival, dende o 28 de setembro ata o 10 de outubro. Este ano hai unha bo feixe de producións galegas, desafortunadamente poucas en galego. O martes dous de outubre, proxectarase un dos documentais máis exitosos do ano, Tralas luces, de Sandra Sánchez. Pola súa banda o xoves 4 de outubro e o venres 5 poderemos ver o último en animación stop-motion 3D no filme O apóstolo de Fernando Cortizo. Amais, con parte da produción galega, o domingo 7 de outubro poderemos ver Lobos de Arga mentres que o venres 28 de setembro Xavier Villaverde presentará, El sexo de los ángeles. E tamén haberá representación galega na parte das curtas, Anacos e Estereoscopía de Xacio Baño.  E a cereixa da torta: o mércores 3 de outubro está anunciada a presenza de Luis Tosar para presentar ás 20:15 Mientras duermes.
No vídeo quédavos un cacho da curta Anacos.

Deixa un comentario

*