Un set de fotos na aula de José

Recentemente contamos nas aulas de galego do IE Cañada Blanch coa fotógrafa de Cambados Antonia Peña, que nos axudou a montar un set de fotografía de moda na aula de José, a que leva o nome en honor ao noso antigo e benquerido conserxe, tamén galego. Ela ensinounos algúns rudimentos de fotografía de estudio e os rapaces xogaron coa cámara, cos focos e fixeron de modelos. Con esta actividade estamos a prepararnos para o concurso de fotografía Boina de Ouro, que promove o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces para revitalizar o uso deste accesorio tan típico da moda galega.

Antonia Peña leva en Londres desde o ano 2010. Previamente xa triunfara no mundo da fotografía gastronómica en Madrid, onde retratou a cociñeiros como Juan Mari Arzak, Manuel Muñoz ou Paco Roncero. Agora en Londres deu o salto ao mundo da moda, e fai fotos para as firmas máis prestixiosas. Foi todo un luxo tela a canda nós.

 

Deixa un comentario

*