Concerto de Zeltia no Cañada Blanch

Que marabilla o concerto de Zeltia no Cañada Blanch de Londres. Grazas, Laura e Migui!

Zeltia é un grupo galego novo, pero xa consolidado, cun repertorio variado que podedes escoitar nos seus discos Irevire e Kúzlo Duše.

Nós vibramos coas súas composicións propias e tamén cos clásicos do folk, do rock e do blues que interpretaron para nós. Falaron tamén da influencia do seu paso por Irlanda, de aí que Laura Zeltia compoña algúns temas en inglés e Migui Carballido introduciunos tamén un instrumento para moitos novo, o bodhran.

Deixa un comentario

*