Concerto didáctico: novas maneiras para ritmos vellos

Comezamos o ciclo de actividades para o curso 2011-2012 cun concerto didáctico. Nesta ocasión estaremos acompañados por Manuel Ada Castro. Este músico, natural de Ourense é un xoven músico-compositor que experimenta coa fusión de sons para gaita galega tanto tradicionais como contemporáneos e a adaptación dos diversos estilos musicais de diferentes lugares do mundo. Amais, é un apaixoado da percusión en xeral e exerce como baterista nun grupo de pop-rock. As súas experiencias e o seu modo de entneder a música aparecerá reflectido no seu primeiro traballo discográfico en solitario que se está a grabar con varios artistas do panorama galego e internacional no cal se mesturan melodias que van dende o flamenco e o funky pasando polo reggae, ska ata o tango, e todo isto con denominación de gaita galega. Daquela ímonos deixar sorprender mañá venres ás 15:30 no Salón de actos do Cañada Blanch. Agardámosvos

E aquí vos deixamos a Bach, nun só de gaita interpretado por Ada Castro no que foi unha tarde marabillosa de música

2 comentarios en “Concerto didáctico: novas maneiras para ritmos vellos

Deixa un comentario

*