Participamos no concurso Olla a palabra do día! Convocado conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, coa colaboración do colectivo docente Galiza Visual, co fin de divulgar o léxico galego e potenciar a creatividade, a capacidade de síntese e a aprendizaxe de conceptos mediante o chamado pensamento visual.
Das distintas unidades temáticas semanais propostas, nós escollemos o Samaín e traballamos os termos conxuntamente co Departamento de Arte co fin de conseguirmos un conto visual a través da tradución á linguaxe plástica do léxico proposto.
A nosa proposta foi galardoada co 2º premio da ESO e resultado foi o seguinte:
Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres | Portal das Palabras
Olla a Palabra do Día xa ten gañadores! | Portal das Palabras