Coñecemos Galicia: o Camiño de Santiago




O alumnado de galego de 2º ESO segue a traballar para a nosa serie “Coñecemos Galicia“.

O ano pasado durante a viaxe a Galicia comprobamos que Santiago está cheo de peregrinos, e mesmo falamos con algúns deles, como podedes ver aquí. Este ano aproveitamos para afondar un pouco máis no tema a raíz dunha das preguntas que nos formalaron os nosos amigos do IES de Adormideiras, e e este vídeo é froito das investigacións sobre o Camiño de Santiago.

Haberá ósos dentro do sartego na catedral?

Chegaron nunha barca de pedra desde Palestina?

Desde cando Galicia recibe tantos romeiros?

Por que o emblema do Nandos é un galo e que ten que ver iso co tema?

De verdade o Códice Calixtino é un libro tan importante? Por que o roubou o electricista?

Se vedes o noso vídeo saberedes isto e máis.

 

 

Deixa un comentario

*