Conexión Londres-Rianxo 2016

Un ano máis, un grupiño de alumnos de 2º ESO que estudan galego no IE Cañada Blanch de Londres e outro do IES Félix Muriel de Rianxo que colaboran co seu Ednl fixeron unha conexión por videoconferencia para se coñeceren e falaren dos seus intereses. Repasamos os mellores lugares e lembranzas de Galicia e de Londres, intercambiamos gustos e viaxes e ata cantamos xuntos un cachiño da Rianxeira. Coma sempre, pasámolo moi ben.

Xurdiron invitacións tanto a Londres por parte nosa coma a Rianxo pola deles, así que o ano vindeiro seguro que nos vemos, aquí ou alí. E desde logo, a experiencia manterémola, así que como mínimo reatoparémonos a través da pantalla.

Deixa un comentario

*