
A semana pasada Zamora acolleu o Congreso Internacional: El asociacionismo español de una emigración diferenciada (programa web, programa de man), organizado pola UNED de Zamora e o seu Centro de Estudios de la Emigración Castellana y Leonesa. Nel déronse cita recoñecidos especialistas na materia para debater sobre as características históricas e actuais do asociacionismo da emigración española. Alí estiven falando de Galego en Londres e do papel xogado por este proxecto educativo -que naceu no IE Cañada Blanch, pero que xa hai tempo que saltou os muros da escola- e polas redes sociais que se agrupan baixo este nome na cohesión da comunidade galega de Londres e no desenvolvemento do asociacionismo cultural na cidade.
Tiven o pracer de participar nunha mesa redonda con dous fenomenais contertulios, Serafín Pazos Vidal (responsable de COSLA, a Oficina Europea da Convención de Autoridades Locais Escocesas, que foi promotor da asociación Couto Mixto en Bruxelas) e Alejandra Plaza Rodríguez (escritora e xornalista residente en Frankfurt, presidenta de Embaixada.gal e autora do ensaio sobre emigración Si fuese fácil lo haría otro).
Quérolles reiterar o meu agradecemento aos principais responsables da organización do congreso, Juan Andrés Blanco Rodríguez (director do Centro da UNED de Zamora), Arsenio Dacosta Martínez (doutor en Historia da Universidade da Salamanca) e Rubén Sánchez Domínguez (investigador do Centro de Estudios de la Emigración Castellana y Leonesa), por se fixaren nun proxecto coma o noso e darlle voz á emigración galega actual a través da miña persoa.
- Ponencias sobre la emigración a Brasil, Reino Unido o Alemania enriquecen el congreso de la UNED de Zamora (aquí en pdf), Crónicas de la emigración (31/5/2019)
- Las relaciones con la emigración actual centran el segundo día (aquí en pdf), La Opinión de Zamora (24/5/2019)
- Las redes sociales, nuevas “casas regionales” para los emigrantes (aquí en pdf), La Opinión de Zamora (30/4/2019)
- Congreso Internacional: El asociacionismo español de una emigración diferenciada (aquí en pdf), El Día de Zamora (30/4/2019)


