“Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será”.
No Salón de Actos do IE Cañada Blanch, O sábado 17 de setembro ás 18:00 h.