Ciclo #GaliciaéCine
O sábado 9 de decembro poderemos ver este filme dirixido por Toño López. Será ás 18:00h no salón de actos do IE Vicente Cañada Blanch.
Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os
deixou na estacada. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo
seu cuñado. Pero é o propio Modesto quen maquina un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para
fracasar pero, como diría Sabonis, “malo será”.