De hardware e software libres, en galego, en Londres

Mañá a informática será o tema do encontro entre o alumnado de 3ESO do IE Cañada de Londres e a comunidade galega aquí residente. Nesta ocasión recibiremos a un enxeñeiro informático coruñés, Simón Pena, que traballa na actualidade no Samsung Research Institute UK. Falaranos do software libre e tamén do relativamente recente hardware libre. Amais presentaranos o proxecto One Laptop per Child. Daquela boa ocasión para escoitar falar das ferramentas tecnolóxicas máis anovadoras en galego.

E agora a microentrevista:

Deixa un comentario

*