De moda co deseñador Gonzalo Vázquez, en galego, en Londres

Abrimos as actividades este curso o pasado 13 de setembro co creador Gonzalo Vázquez. Amais de ser Licenciado en Filololoxía Galega e profesor de galego da Sorbonne Nouvelle, Gonzalo Vázquez é un dos creadores máis interesantes e anovadores que ten actualmente a moda en Galicia. En febreiro de 2011, abría o seu atelier de moda en Santiago de Compostela e pouco máis tarde deu o salto ao pret-a-porter coa presentación da súa primeira colección e a apertura da tenda online. Amais o seu nome xa é un referente no mundo das artes escénicas.
Nesta ocasión presentoulle ao alumnado galego a súa nova colección Límites impuros senón que tamén lles falou das dificultades polas que están atravesando os novos creadores e das vantaxes e inconvenientes, por exemplo, da democratización da moda. Un luxo do que vos deixamos unha foto como mostra:

Deixa un comentario

*