De Vicente Ben a Mr.Ben: deseño galego en Londres

Hoxe o alumnado de 3ESO de galego tivo a sorte de ter na aula a Vicente Ben, un creador galego, do Porto do Son, de primeira fila. Formado como director de cine e guionista, mudou un tanto o seu rumbo cara a escenografía e o deseño de interiores. Despois de traballar para series de televisión como La República ou La pecera, leva un par de anos traballando na cidade do Támesis. Foi un luxo que compartira connosco o seu saber e a súa experiencia. Deunos doda unha lección sobre o traballo que hai detrás de calquera montaxe audiovisual e contounos moitas anécdotas.

Deixa un comentario

*