Dende a Bodleian Library, en galego

O próximo xoves 10 de marzo ás 12 da mañá teremos a sorte e o luxo de contar na nosa aula de lingua e cultura galega con Ernesto Gómez. Este coruñés, afincado en Oxford, traballa como bibliotecario dunha das bibliotecas máis prestixiosas do mundo, a Bodleian Library de Oxford. O acto levará como título O figo do doutor Kennicott e estamos seguros de que será moi suxerente.

Deixa un comentario

*