Deseñando telefonía en Londres: a entrevista

Estamos a converter nun costume que cada xoves pase polo Cañada un/unha profesional galego/a instalado/a en Londres ou polos arredores. Estase a converter nun agradable e emocionante costume que todos e todas compartan connosco co mesmo entusiasmo moitos dos seus coñecementos e experiencias. Moito aprendemos delas e deles. E hoxe moito aprendemos de Iván Mato, xornalista e deseñador gráfico coruñés que traballa para esa empresa de telefonía que disque conecta a xente. Connosco conectou de sobra.

Agora xa sabemos que hai detrás dunha aparentemente sinxela caixa de cartón que garda un móvil. Hai moito traballo. Hai moita intelixencia. Hai un galego, entre outros. E tamén xa sabemos como se fai un logotipo. Daquela ídevos preparando. Teremos un logotipo de altura. Un logotipo para conectar aos galegos de Londres. Para descubrirse galego. Mind the ga…lego.

E velaí a entrevista das tres preguntas, hoxe con Tania e Marcos de xornalistas.

Deixa un comentario

*