Presentación de “Cruzando a fronteira” no Cañada




A semana pasada tivemos a sorte de poder asistir no Cañada á presentación do documental “Cruzando a fronteira” no Cañada. Este documental é un dos traballos realizados no marco do proxecto “Faros e estacións. Viaxe a Ítaca” por parte do profesorado e alumnado adulto do IES Campo de San Alberto de Noia. Con este proxecto gañaron o ano pasado do primeiro premio Miguel Hernández para proxectos Erasmus+.

Os nosos novos amigos de Noia e o noso alumnado de galego mantiveron un interesantísimo coloquio sobre a vivencia da emigración por parte de tres xeracións diferentes.

Querémoslles agradecer o seu entusiasmo e bo facer aos profes, Suso Montero, Mariela Dosil e Amalia Pérez, e ao alumnado adulto de Ensinanzas Básicas e da ESA o seu marabilloso traballo: Mercedes García, Josefina Malvárez, Carmen Agraso, Miguel Quan e Agustín Somoza. ??

Deixa un comentario

*